As e os nosos pequenos tamén nos deron moitas alegrías no Open de Francia, onde sumaron un bo botín de medallas.
Na categoría cadete, Adrián Salanota (-61, Maniotas) acadou a medalla de ouro, tras superar con enorme superioridade na semifinal ao español Alejandro Martínez Carrión (1-21) e na final ao francés Nathan Jules (33-15).
Samuel Meilán (-53, Tao) logrou a medalla de prata tras superar tres combates e perder na final contra o francés Rynald Saal, nunha axustadísima loita (26-24). Previamente venceu a Lorenzo Scafaria (6-30), ao finlandés Niko Myllynen (41-23) e ao italiano Francesco Scamolla (22-19).
Tamén foi prata Noa Romero (-37, Natural Sport) que venceu a Caroline Volders (Bélxica) en primeira rolda por 12-16; a Kayla Murray (Irlanda) por 14-1 e na semifinal á italiana Federica Gennarelli (11-5). So caeu na final ante a belga Waerzeggers (17-6).
E tamén houbo dous bronces galegos. Sergio Troitiño (+65, Mat´s) venceu na semifinal a Motaz Ifaqui (Túnez) por 17-9, e foi derrotado na semifinal polo ruso Ivan Skudnt (13-7), que foi quen finalmente se levou o ouro.
Pola súa banda, Iago Mella (-57, Natural Sada), que viaxaba co seu club, tamén acadou a medalla de bronce. Venceu en dous combates aos franceses Beltrán e Moncef, e perder na semifinal contra Yandric Nguilla (18-27)
Categoría júnior
E as boas novas continuaron na categoría júnior, con varias preseas máis. Cloe Iglesias (-59, Patiño Moaña) logrou a medalla de ouro tras superar cinco combates de forma maxistral. En primeira rolda eliminou á alemá Phoebe Joliene por un rotundo 20-0; en dezaseisavos superou a francesa Jelissa Engone Nguema (18-0); nos cuartos a Khalida Haddad (Francia) por 6-20. Así chegou a semifinais donde venceu á rusa Veronika Bukhareva (24-9) e na final rubricou a súa magnífica actuación gañando a Leonarda Andric (Canadá).
María Ferreiro (-46, Couto) foi prata facendo un magnífico campionato. A galega venceu en tres combates para plantarse na final. Gañou a Cerena Coffre (Francia) por 6-21; a Miora Rakotondratrimo (Francia) por 12-13; a Mina Isomura (Japón) por 6-5. Na final enfrontouse a grega Iulampia Pappa e non puido vencer, polo que acadou a segunda posición.
E tamén houbo bronces galegos. Desirée Rivadulla (+68, Suh Sport) venceu nos cuartos de final a Maissa Bencheikh (Francia) por 5-3, e cae una semifinal ante Isabeau Van Droffelaar (Holanda) nun axustadísimo combate (2-19. Bronce para Desirée.
O segundo bronce galego foi para Lois Tomás González (-55, Natural Sport) que viaxou co seu club. O galego gañou a Joshua Dancer (Gran bretaña) por 8-9 e ao galego Giovanni Imparato (Mace Sport) por 2-0. Na semifinal caeu ante Abdulla Ghloum (Emiratos Árabes), que finalmente logrou a medalla de ouro.
Ademais dos medallistas houbo moitos outros galegos e galegas participantes e para todos eles foi unha experiencia internacional da que seguir aprendendo. Noraboa!!
Neste enlace tedes todos os resultados: