DE: Juan Carlos Eiriz López – Presidente da FGT.
A: Sres/as. Membros da Asamblea Xeral da FGT
ASUNTO: CONVOCATORIA DE REUNIÓN DA ASAMBLEA XERAL DA FGT.
A Coruña, 22/03/2021
Estimado/a compañeiro/a:
Polo presente teño o pracer de convocalo/a á reunión de carácter ORDINARIO da
Asamblea Xeral desta Federación Galega de Taekwondo que se celebrará o vindeiro
día 24 de abril de 2021 en Santiago de Compostela – Salón de Reunións da Real Federación Galega de Fútbol, Estadio Multiusos Vero Boquete San Lázaro, dando comezo ás 10.00 horas en primeira convocatoria e ás 10.30 horas en segunda e última e que contará coa seguinte
ORDE DO DÍA:
1.- Comprobación de quórum.
2.- Lectura e aprobación da acta da sesión anterior se procede.
3.- Informe económico do ano 2020.
4.- Informe da presidencia do ano 2020.
5.- Informe dos distintos departamentos do ano 2020.
6.- Proxecto económico para o ano 2021.
7.- Proxectos dos distintos departamentos para 2021.
8.- Calendario deportivo para o ano 2021.
9.- Propostas dos señores membros.
10.- Rogos e preguntas.
Sen outro particular, reciba un saúdo afectuso.
Asdo. Juan Carlos Eiriz López
Presidente
- PROPOSTAS VÍA MAIL ANTES DAS 13.00H DO 9/4/21.