Seis taekwondistas galegos/as participarán no Campionato de Europa Cadete, que se celebrará en Atenas (Grecia) do 6 ao 8 de novembro. Os grandes protagonistas son Daniel Abeijón, Ángela Balado, Ainara Piñeiro, Arianna Deibe, Nicolás Casas e Keila Crujeiras, que representarán ao taekwondo galego nesta importante cita continental, despois de acadar a súa clasificación en torneos nacionais ou internacionais.

 

O equipo español viaxou hoxe cara a Atenas, coa importante presenza de taekwondistas galegos/as, que están acompañados polo técnico galego Rubén Taboada. O desprazamento descorreu sen incidencias, aterrando na capital grega a primeira hora da tarde. Os nosos deportistas chegan á competición con moi boas sensacións, ilusión e tranquilidade. A pesar da súa xuventude, todos contan xa cunha destacada experiencia internacional, o que lles permite afrontar este evento con tranquilidade e confianza, aínda que nestas idades falar sobre predicións é moi complexo.

 

Calendario de competición

 

Xoves 6 de novembro

Nicolás Casas (-49 kg, Mace Sport)

Daniel Abeijón (-41 kg, Natural Sport)

 

Venres 7 de novembro

Ainara Piñeiro (-29 kg, Natural Sport)

Arianna Deibe (-51 kg, Kwon Betanzos)

 

Sábado 8 de novembro

Keila Crujeiras (-59 kg, Malamia)

Ángela Balado (+59 kg, Mat’s)

 

Desde a Federación enviamos todo o apoio e ánimo aos nosos e ás nosas representantes, desexándolles moita sorte neste desafío europeo. Boa sorte e a dar o mellor en Atenas!

 

 

Print Friendly, PDF & Email