Seis taekwondistas galegos/as están a participar no Stage de Técnica da RFET, que arrincou onte e se desenvolverá ata o 3 de agosto no CAR de Murcia. Os nosos representantes son Jessy Sun Shin (Han’s Horang I), Ana Llin Shin (Han’s Horang I,) Seung Han Shin (Han’s Horang I), Begoña Veiga (Han’s Horang I), Beatriz Queiró (Omnihum) e Esperanza Fernández (Couto).
Pero non todas e todos acoden cos mesmos obxectivos. No caso de Jessy Sun Shin e Ana Llin Shin, ambas están clasificadas para participar no Mundial de Hong Kong a finais de ano. Jessy forma parte do trío cadete CAR, mentres que Ana é unha das integrantes do trío júnior galego.
Os catro restantes (Seung Han Shin, Begoña Veiga, Beatriz Queiró e Esperanza Fernández) estarán loitando para clasificarse para participar no Mundial nas novas categorías creadas recentemente (parella de 50-60 e parella de +60 e os tríos masculinos e femininos de 50-60 e +60). As e o galego afronta o reto coa máxima confianza e con gañas de convencer á comisión técnica para ser convocados para o Mundial.
Seguimos traballando equipo!!