Confirmado pola universidade organizadora de que no vindeiro Campionato de España Universitario de Taekwondo haberá as modalidades de Poomsae individual masculino e feminino, comunícase aos/ás taekwondistas pertencentes á Universidade de Vigo a inscribirse no aplicativo Campus Activo da Universidade de Vigo para valorar as súas solicitudes e asistir ás probas de selección que terán lugar o vindeiro 5 de marzo ás 10.30 no ximnasio As Sport de Vigo.
Tamén se ratifica a non celebración da modalidade de Freestyle na mencionada competición.
Toda a información en:
https://campusactivo.uvigo.gal/campusactivo/publica/actividad/ampliar.xhtml?idobjsel=3402
1.- Nivel deportivo mínimo esixido para a competición:
- Ser medallista no Campionato de España na última edición celebrada.
- Ser medallista no Campionato de España Universitario na última edición celebrada.
- Ser medallista no Campionato Autonómico Taekwondo na última edición celebrada.
o Se non cumprise ningún dos criterios anteriores o/a asesor técnico podería ter en conta os resultados en competicións nacionais e internacionais acadados polo/a aspirante nas últimas tempadas e a súa traxectoria deportiva xeral.
2.- O equipo representativo da Universidade de Vigo en Poomsaes estará integrado por un home e unha muller e se seleccionará á persoa deportista cos mellores resultados nas dúas últimas tempadas.
3.- Exclusións:
Resérvase o dereito de excluír do equipo a aquelas persoas deportistas que, aínda reunindo os méritos precisos presenten algunha das seguintes circunstancias.
-Non acudir ás concentracións ás que se lles convoque sen causa xustificada e coa antelación precisa.
-Presentar un estado manifesto de mala forma que indique falta de adestramento e, polo tanto, un alto grao de desinterese ou falta de compromiso.
4.- Para facer a selección valoraranse, por esta orde, os seguintes aspectos:
o Resultados obtidos no Campionato Galego Universitario e/ou nas probas de selección, no caso de que se convoquen.
o Resultados obtidos en competicións oficiais ao longo da tempada en curso.
o Valoración do/a responsable técnico/a.