O taekwondista galego do Mat’s asinou unha gran actuación en Belgrado, onde subiu ao terceiro chanzo do podio tras superar a dous rivais de primeiro nivel.

 

Sergio Troitiño (+87 kg, Mat’s) conquistou a medalla de bronce no Open de Serbia, celebrado en Belgrado, tras completar unha gran competición na que volveu demostrar o seu nivel fronte a algúns dos mellores deportistas internacionais da categoría.

 

O galego iniciou o seu percorrido cunha vitoria ante o italiano Matteo De Angelis, nun combate que se resolveu en tres asaltos. Na seguinte rolda agardábao un rival de enorme entidade, o macedonio Dejan Georgievski, medalla de prata nos Xogos Olímpicos, ao que Sergio tamén conseguiu superar para acceder ás semifinais.

 

Nesa loita por un posto na final cruzouse co coreano Sanghyun Kang, ante o que non puido conseguir a vitoria, ao caer en dous asaltos. Deste xeito, Sergio asegurou a medalla de bronce e pechou unha gran participación no Open de Serbia.

 

Noraboa, Sergio!

 

 

Print Friendly, PDF & Email