Sete galegos foron convocados pola Real Federación Española de Taekwondo para participar no Mundial online de Técnica e Freestyle, que se celebrará do 15 a o 30 de novembro.
A semana pasada realizouse unha preselección entre os catro primeiros do ranking de cada categoría e hoxe a Española deu a coñecer ás e aos convocados. Este Mundial, ademais da novidade de ser online, será tamén diferente en outros aspectos. O Mundial será só para as categorías adultas (de sénior en diante), ainda que tamén haberá unha competición Open para as categorías cadete e júnior masculina e feminina. A RFET convocou tanto para o Mundial como para o Open e Galicia terá representación en ambos. No Mundial participarán en sénior 1 masculino e feminino os nosos deportistas Alejandro Losada Rodríguez e Raquel Guillén, que eran ademais ambos o número 1 do ranking.
Ademaís, en máster 2 feminino tamén foi convocada Esperanza Fernández e en freestyle os dous representantes de España son galegos: Manuel Paz e Celia García. Queda pendente a decisión en master 1 feminino, xa que a nosa deportista Sonia Pérez non puido presentarse por cuestións médicas e presentou o correspondente certificado médico. Por este motivo, a selección realizarase a próxima semana.
Na competición Open, participarán representando a España, os galegos Laura Álvarez (cadete feminino) e Tomás Fernández (júnior masculino). Ademais, unha vez coñecida a convocatoria da Española, a Federación Galega de Taekwondo realizará a súa convocatoria nas categorías cadete e júnior, cos mellores deportistas do ranking galego, que se dará a coñecer nas vindeiras horas.