DURANTE O MES DE XUÑO PODERASE SOLICITAR O RECOÑECEMENTO DE DEPORTISTA GALEGO DE ALTO NIVEL. MÁIS INFORMACIÓN NA WEB DA SECRETARÍA XERAL PARA O DEPORTE https://deporte.xunta.gal/gl/deportistas/deportistas-galegos-de-alto-nivel-dgan

Dende a Secretaría xeral para o Deporte recordamos que se inicia un novo prazo (xuño) para
poder solicitar o recoñecemento de DEPORTISTA GALEGO DE ALTO NIVEL (DGAN).

As solicitudes presentaranse preferentemente de forma telemática, cubrirase o Anexo I, e
achegarase o Anexo II na sede electrónica da Xunta de Galicia, debedes dispoñer do código de
activación da Chave365 ou DNI electrónico con sinatura dixital

No caso de solicitar o recoñecemento de xeito presencial deberedes aportar:
O ANEXO I, é a solicitude, estará cuberta e asinada pola persoa solicitante ou polo seu titor se é
menor de idade e achegar o ANEXO II, que é a certificación dos datos da federación deportiva,
asinado tamén pola federación correspondente.

Lembrade que para gardar os datos nos arquivos pdf editables debedes imprimir o documento
(pódese imprimir en pdf para asinar posteriormente de xeito electrónico)
Para máis información consultade a nosa páxina web ou chamades ao teléfono 881996367

Print Friendly, PDF & Email