A FGT suspende a celebración do Cpto. Galego Absoluto previsto para éste sábado 23/01/21 en Ourense, en cumprimento das novas restriccións sanitarias publicadas no día de onte e que entran en vigor a partires das 00.00 horas deste xoves 21.

As novas medidas, que afectan con carácter xeral a toda a poboación debido á alta incidencia da covid19, nesta ocasión tamén limitan o deporte federado polo que se deberán respetar os peches perimetrais sen excepción para o desprazamento e os horarios de limitación da mobilidade implantados. Os adestramentos tamén se ven afectados que serán en grupos de catro, sen contar o adestrador, e sen contacto.

Nos enlaces seguintes pódese acceder á publicación oficial:

https://mega.nz/file/NUpglJRR#7yJSYB4cly5NQU1GbtGrmwWbu8q2NfVZztziFo5P9Io

https://mega.nz/file/RcoiFZ4A#eLkZhg117ZiDdtNQyjbUYLvESklENoYuAwBdm05yzLI

Print Friendly, PDF & Email