Espectacular traballo de Tania Castiñeira (Hebe) no Grand Prix de Roma. A galega superou dúas roldas (levando por diante a Bianca Walden) e perdeu nos cuartos ante a portorriqueña Weekes, nun combate que rematou empatado (un asalto para cada unha e empate no terceiro) e que se decidiu polo valor das accións de cada deportista neste último asalto. Pola súa banda, Iván García (Mat´s ) caeu nos oitavos de final ante o turco Atesli.
En primeira rolda de + de 67 quilogramos, Tania superou a Reshmie Oogink, nun combate que comezou perdendo no primeiro asalto, pero remontou gañando os dous seguintes.
Nos oitavos tiña como rival a Bianca Walkden (Gran Bretaña), doble medallista olímpica, tres veces campioa do mundo e 4 veces campioa de Europa. E Tania sorprendeu cun traballo excepcional e eliminou a a medallista olímpica en dous asaltos.
Así, plantouse nos cuartos ante Crystal Weekes (Puerto Rico) nunha loita espectacular. Tania gañou o primeiro asalto, pero caeu segundo. E chegaron ao último con todo por decidir e este rematou con empate (1-1). Así todo se decidiu polo valor das acción e o puño de Weekes valía máis que o gamgeon de Tania, polo que se quedou a só un suspiro das medallas. Ademais Tania sumou 12,95 puntos ao ranking olímpico, nunha fantástica actuación no seu primeiro Grand Prix.
O segundo galego en competir hoxe foi Iván García (+80, Mat´s), que caeu nos oitavos de final, ante o mesmo turco ao que se enfrontara na final do Europeo hai dúas semanas.
Primeiro, Iván eliminou a Ahmad Rawy (Exipto) nos dexaseisavos de final, nun combate moi controlado polo galego que so necesitou dous asaltos para acadar a vitoria. En oitavos esperaba Atesli, campión de Europa 2022 e ao que se enfrontou Iván precisamente hai dúas semanas nesa final europea. O combate do Grand Prix comezou moi ben para Iván que gañou o primeiro asalto (9-7), no segundo perdeu con claridade. Pero reaccionou no terceiro e estivo por diante no marcador ata os últimos dez segundos, nos que Atesli logrou unha patada arriba para acadar a vitoria. Moi bo traballo tamén de Iván, que debutaba nun Grand Prix.