𝐓𝐚𝐧𝐢𝐚 𝐂𝐚𝐬𝐭𝐢𝐧̃𝐞𝐢𝐫𝐚 (+𝟕𝟑, 𝐇𝐞𝐛𝐞) 𝐥𝐨𝐠𝐫𝐨𝐮 𝐚 𝐦𝐞𝐝𝐚𝐥𝐥𝐚 𝐝𝐞 𝐛𝐫𝐨𝐧𝐜𝐞 𝐧𝐨 𝐎𝐩𝐞𝐧 𝐝𝐞 𝐁𝐫𝐚𝐬𝐢𝐥 (𝐆-𝟐) a pasada fin de semana, sumándose aos magníficos resultados acadados polo taekwondo galego o Open de Polonia.

 

A galega venceu nos cuartos de final á brasileira Ludymilla Toledo en dous asaltos e sen dar a máis mínima opción á súa rival (10-0 e 16-0).

 

Na semifinal enfrontouse á brasileira Mikaela Oliveira e o combate tamén rematou en dous asaltos, pero nesta ocasión foi moi axustado. No primeiro, Tania ía por diante no marcador ata os instantes finais, nos que saíu do tapiz e perdeu o asalto. O segundo rematou empatado a puntos, pero decidiuse por rexistros a favor de Oliveira, quen finalmente acadou a medalla de ouro.

 

Noraboa Tania!
Print Friendly, PDF & Email