A nosa Tania Castiñeira (+73, Hebe) segue sumando medallas ao seu curriculum! Hoxe acadou a medalla de bronce no Open Mundial de Taekwondo Feminino (G-4), que se está celebrando en Arabia Saudí.

 

Tania comezou a competición ante Toka Shaaban (Exipto). A galega sentiuse cómoda e dominou o combate para finalizar cun marcador de 7-3. Nos cuartos de final volveu enfrontarse a Belén Morán, a súa compañeira no CAR de Barcelona. Foi unha loita moi axustada, co marcador igualado ata o terceiro asalto, no que Castiñeira logrou impactar no casco de Morán e meterse nas semifinais.

 

A semifinal foi contra a británica Bianca Walkden e aquí Tania non tivo boas sensacións. Estivo incómoda dende o inicio e non puido plantar cara ante Walkden. Medalla de bronce para a nosa deportista que segue facendo unha tempada excepcional.

 

Noraboa Tania!

Print Friendly, PDF & Email