Non houbo sorte hoxe no Mundial de Bakú (Azerbaián) para a nosa representante Tania Castiñeira (+73, Hebe). A galega, que enfrontaba a cita con moita ilusión e nun bo estado de forma, caeu na primeira rolda ante a coreana Da-Bin Song en dous asaltos. O primeiro foi moi axustado e rematou con empate, polo que foron os xuíces os que tiveron que decidir a gañadora e a resolución foi favorable á coreana. Así que tocaba remontar, pero no segundo asalto Song foi máis efectiva e aproveitou as contras para ganar.

O Campionato do Mundo Absoluto continúa mañá coa participación de Sara Cortegoso (-46, Mace Sport) e o domingo será a quenda para Iván García (+87, Mat´s) e Alma Pérez (-53, Suh Sport). Poderedes seguir as semifinais e finais do Mundial, a través de RTVE, e nas retransmisións temos como comentarista ao taekwondista galego Pablo Patiño.

Moito ánimo Tania! Seguimos aprendendo e traballando!

#taekwondogalego #Orgullosasdasnosas

Print Friendly, PDF & Email