Fantástica actuación da galega Tania Castiñeira (+67 Hebe) no Open de Alemaña! A nosa taekwondista acadou a medalla de prata e suma puntos para o ranking mundial.
En primeira rolda, Tania Castiñeira enfrontouse a Zehra Begum Kavukcuoglu (Turquía), unha rival de moita envergadura e alta, coa que estivo moi incómoda. Iso si, con máis problemas dos desexados, venceu en tres asaltos (2-1).
Na semifinal esperaba a holandesa Famke Kloosterman e Castiñeira gañou con facilidade en dos rounds. Así logrou meterse na final contra a estadounidense Naom Alade, un combate emocionante e tremendamente disputado. Tania gañou o primeiro con comodidade e perdeu o segundo pola mínima. Así, a final foi ao desempate, no que a deportista do Hebe comezou mandando, mentres que Alade foi remontando ata chegar a darlle a volta ao marcador no último segundo (6-5).
Así, prata para Tania, moi boas sensacións e puntos para o ranking mundial. Próxima cita: O Mundial!
#taekwondogalego #orgullosasdasnosas








