A galega Tania Castiñeira (+73, Hebe) acadou a medalla de prata no Open de Luxemburgo, que se celebrou esta fin de semana.
En primeira rolda gañou a Belén Morán, campioa de España senior 2019, de forma bastante clara (8-2), nun combate no que a galega logrou ir por diante dende o inicio e sen darlle opcións a súa rival.
En semifinais enfrontouse a representante austriaca, á cal superou no punto de ouro. Tania comezou perdendo 3-0, pero conseguiu remontar e poñerse 5-4 a favor, ata que cunha amoestación chegou o empate. No desempate, Castiñeira logrou plantarse na final tras un boa acción.
A final foi contra a inglesa Rebecca McGowan, que adoita ser titular en – 73. Tania empezou gañando 4-0 pero a inglesa apertou e púxose 8-4. A galega tentou remontar pero McGowan aproveitou para sorprender á contra (20-4). Merecidísima prata para Tania Castiñeira, na categoría sénior.
Print Friendly, PDF & Email