O trío formado por Alejandro Losada Rodríguez (Neka), Carlos Rey (Neka) e Álvaro Portela (Hebe) proclamouse campión de Europa en trío 1. Esta foi a mellor noticia que chegou de Seixal (Portugal), pero non a única. Tamén temos a dous subcampións de Europa júnior (Laura Álvarez, do Neka, e Tomás Fernández, do Tao) e o bronce de Esperanza Fernández (Couto) en máster 2 en técnica. En freestyle, Celia García (Tao) logrou a medalla de bronce en +18 anos.

 

Que dicir de Alejandro, Carlos e Álvaro… Espectacular traballo do trío galego, que logrou o pase a final como segundo clasificado. Na final, actuación impecable que foi recompensada cun título (adiantaron a Finlandia), que foi celebrado por todo o alto.

 

Ademais hai que destacar as pratas na categoría júnior de Laura Álvarez (Neka) e Tomás Fernández (Tao). Ambos fixeron un traballo impecable que merecía premio. Tomás entrou na final coa mellor puntuación, pero despois os xuíces decidiron que Dinamarca adiantaba ao noso deportista. Na categoría feminina, tamén gañou Dinamarca, por diante da nosa Laura Álvarez, enorme na súa execución.

 

Despois foi a quenda para Esperanza Fernández (Couto) en máster 2, que logrou a medalla de bronce coa ilusión de sempre. Por diante tivo a Francia (1º) e Alemaña (2º).

 

 

Pola tarde celebrouse a competición de freestyle, onde tivemos unha medalla (Celia García) y algunhas decepcións, xa que o traballo desenvolvido non se veu recompensado na puntuación.

 

A viguesa Celia García (Tao) logrou a medalla de bronce na categoría de + de 18 anos feminino, nunha proba que foi dominada por Dinamarca, que logrou a medalla de ouro.

Aquí tedes o calendario dos galegos para o domingo.

 

DOMINGO

 

Máster 3:

Óscar Rey Villar

 

Parella 1:

Raquel Guillén Sánchez e Alejandro Losada García

 

 

Print Friendly, PDF & Email