A selección galega máster logrou un ouro (Jesús Couso) e tres bronces (Cristobal Boudjenane, Iván Figueroa e Tatiana Rivas) no  Campionato de Europa da categoría, que se celebrou en Montarguis (Francia).

 

Jesús Couso (-80, Hebe) proclamouse campión de Europa en máster + 45 anos despois de vencer a tres rivais: En cuartos superou ao alemán Helmuth Thomas; na semifinal a David Poirier (Francia) e na final gañou ao español Antonio Viturtia. Gran traballo!

 

En máster + 45, Cristóbal Boudjenanne (-68, Boudsport) logrou o bronce tras eliminar nos cuartos de final a John Lockwood (España) e caer na semifinal ante Jean-Marc Husson (Francia).

 

En máster A (35-45 anos) Iván Figueroa (-68, Natural Sport) subiu ao podio para recibir a medalla de bronce despois de gañar en cuartos de final ao francés Arnaud Emeric Nendja. Na semifinal esperaba o italiano Simone Arduini e Iván non puido seguir avanzando.

 

A terceira medalla de bronce foi para Tatiana Rivas (-67, Hebe) en máster A /35-45). A galega perdeu na semifinal ante a española Carmen Saucedo, quen finalmente se proclamou campioa de Europa.

 

Ademais, coa selección galega, dirixida nesta ocasión por Toño Ríos, tamén viaxou Jorge Simil (-68, Natural Sport Riveira) que, en veteranos A (35-45), perdeu nos cuartos de final ante o español David Corral.

 

Noraboa a todos/as!

Print Friendly, PDF & Email