Fantásticos resultados para A Federación Galega no Campionato de España de Hapkido: Unha prata e dous bronces galegos no torneo, que se celebrou onte en Sevilla. A prata foi para Vera Blanco, en individual júnior cor; mentres que Yolanda Abal (en individual sénior cor) e Rubén Fernández e Xiana Crespo (en parellas júnior cor) acadaron o bronce. Todos eles pertencentes ao club Sam Mu Dojang de Ourense.
Ademais, hai que destacar que aproveitando que tiña lugar o Campionato de España en Sevilla, tamén se celebrou o primeiro Congreso Nacional de Mestres de Hapkido, no que participou o noso técnico Saúl Servia.
Noraboa a tod@s!!!