Máis medallas para o Yidam CEIP Balaídos na segunda xornada do Mundial de Taekwondo Praia, que se está a celebrar en Exipto.
A parella formada por Sophie González Drescher e Miguel Barreiro Estévez acadaron a prata en freestyle parella máis de 17 anos, so por detrás dos representantes de Tailandia.
Ademais, o Yidam vigués acadou tres bronces máis. Lucía Costas logrou dous bronces, en poomsae e freestyle -17 anos, mentres que Sophie González Drescher tamén foi quen de subirse ao terceiro chanzo do podio para recibir o bronce en poomsae -30 anos.
Noraboa a tod@s!!!