Valladolid acollerá esta fin de semana (31 de maio e 1 de xuño) o Open de España de Técnica e o Campionato de España sub 21 de combate, unha dobre cita do taekwondo español, na que Galicia tentará loitar polas primeiras posicións.

O día 31 de maio celebrarase no Pavillón Pisuerga o Open de España de Técnica cuns 500 participantes. Este torneo será o primeiro clasificatorio para o Mundial de 2026, que se celebrará no setembro en Korea. Galicia chega a cita despois de facer un papel excepcional no Europeo de técnica, celebrado hai pouco máis dun mes en Tallín, onde as e os nosos representantes sumaron 6 ouros, 4 praras e 3 bronces. Así, en total participarán no Campionato de España un total de a 115 taekwondistas galegos. A continuación tedes a convocatoria para a competición:
https://www.taekwondogalego.es/open-de-espana-tecnica-31-05-25/
Ao día seguinte, 1 de xuño, e na mesma infraestrutura, celebrarase o Campionato de España sub 21 do ano 2025, no que están inscritos un total de 251 taekwondistas.
A selección galega está formada por 26 taekwondistas (14 homes e 12 mulleres) e partirá o sábado en autobús en dirección a Valladolid. Na seguinte ligazón tedes a convocatoria galega.
https://www.taekwondogalego.es/cpto-espana-sub21-01-06-25/
Ano 2024
Galicia proclamouse o pasado ano, en Torrevieja, campioa de España sub 21 na clasificación masculina por equipos, mentres que foi segunda na categoría feminina e na xeral. En total, as e os nosos taekwondistas lograron catro ouros (Sergio Troitiño, Adrián Salanova, Noa Romero e Ekaterina Rebón), tres pratas (Javier Otero, Alex Pazos, Iago Mallo) e tres bronces (Silvia Otero, Yadira Reimúndez, Helena García).








