Tres deportistas do Natural Sport Ribeira lograron subir ao podio no Drácula Open (G-1), que se celebrou esta fin de semana en Romanía. En categoría sénior, Lois Tomás acadou o bronce, mentres que en júnior Víctor Videla conseguiu a prata e Carla Sesar o bronce.
Lois Tomás (-63 quilogramos, Natural) volveu subir ao podio no seu regreso á competición, trala lesión sufrida no Open de Albania. En primeira rolda venceu ao italiano Antonio Sciacca en dous asaltos e de forma cómoda. A continuación, esperaba o romanés Raúl Mario Filip e novamente vitoria galega en dous rounds. Xa no pase para medalla enfrontouse ao tamén italiano Francesco Carangio, un deportista con moita máis envergadura pero ao que eliminou tamén por 2-0. En semifinais encontrouse con Jack Woolley, deportista irlandés, olímpico e medallista europeo. Lois perdeu por 2-0 pero facendo un fantástico campionato.
E se a competición absoluta tivo lugar o domingo, o sábado celebrouse a competición en categoría júnior, na que Víctor Videla logrou a medalla de prata, mentres que Carla Sesar foi bronce. Ambos volveron a enfrontarse nunha competición internacional a taekwondistas de gran nivel e renderon de forma excepcional.
Noraboa a tod@s!!!