A cidade de Vigo foi escenario esta fin de semana do Campionato Galego de Hapkido, que reuniu a máis de 100 participantes procedentes de sete clubs de toda Galicia.
A competición, que se desenvolveu no Círculo Mercantil e foi organizada polo club Muga Dojang, estruturouse en diferentes categorías por idade, desde a categoría Infantil (nados en 2015 e posteriores) ata Máster 2 (1974 e anteriores). A continuación tedes a clasificación por clubs:
-
1ª posición: Sam Mu Dojang (Ourense) – 9 ouros
-
2ª posición: KYO (O Carballiño) – 7 ouros
-
3ª posición: Malamia (Boiro) – 6 ouros
O campionato celebrouse nun ambiente excepcional, con gran presenza de público nas bancadas e moita emoción tanto entre a afección como nas e nos participantes.
Este campionato reforza a proxección do Hapkido en Galicia e pon en valor o traballo continuo dos clubs na formación de novos talentos e na promoción desta arte marcial de defensa persoal.