Vinte galegos (19 deportistas e un técnico) están a participar no stage de verán de combate da Real Federación Española de Taekwondo, que se celebra en Murcia do 19 ao 25 de agosto, co obxectivo de preparar os próximos eventos internacionais.

A magnífica participación galega amosa o alto nivel do noso taekwondo, que contará con varios representantes nos próximos mundiais e europeos das diferentes categorías.

Así, na concentración que se está a desenvolver no Centro de Tecnificación Deportiva Infanta Cristina de Murcia contamos con Pablo Carou como técnico, Miguel Aneiros (que participará co equipo español no Mundial Militar) e Alex Vidal, en parataekwondo.

Ademais, na categoría cadete temos a Noa Romero, Samuel Meilán e Sergio Troitiño, que participarán no Europeo Cadete. Na categoría júnior están presentes Desireé Rivadulla, Irene Montemuíño, María Ferreiro, Ainhoa García, Cloe Iglesias, Diana Siota, Pablo Patiño, Giovanni Imparato e Alejandro Paz. E en sub 21, contamos con Arlet Ortiz, Miryam García, Alma Pérez, Tania Castiñeira e Júnior Martínez, que realizaron unha magnífica tempada.

A traballar rapaces!!!

Print Friendly, PDF & Email