Virginia Sixto (Patiño Moaña) acadou a medalla de prata hoxe no Open de Sofía de Poomsae na categoría máster 1.
Virginia librou a primeira rolda de cuartos de final pasando directamente a semifinais, onde se enfrontou á grega Maria Eleni Emmanquili, á que venceu despois de executar os poomsae Keumgang e Jitae. Na final caeu anta a finlandesa Johanna Nukari cos poomsae Taebek e Chonkwon.
Gran traballo de Virgina neste Open, que se celebrou no Asisc Area de Sofía, e fantástica rodaxe para a nosa taekwondista a nivel internacional, xa pensando no Campionato de Europa de Tallín.
Noraboa Virginia!
#taekwondogalego








