O Campionato Galego Júnior de Combate 2024 reunirá o sábado 20 de abril, no pavillón municipal de Viveiro, a 115 deportistas e 20 árbitros/as, nunha cita moi especial porque poderemos gozar dos novos valores do taekwondo galego.

 

O Galego Júnior, organizado polo Jansu en colaboración coa FGT, comezará ás 9:00 horas e se desenvolverá en horario matinal sobre os tres tapices dispostos na instalación deportiva. Na categoría júnior masculina están inscritos 65 homes, mentres que na feminina haberá un total de 50 mulleres.

 

Este torneo amosará o bo facer da canteira galega, que xa está amosando unhas grandes condicións e fantásticos resultados tanto a nivel nacional como internacional, polo que o bo nivel deportivo do Galego está asegurado.

Print Friendly, PDF & Email