Yadira Reimúndez (-55, Mat´s) logrou onte a medalla de ouro nos Multi European Games de Sofía (Bulgaria) e así a clasificación  para o Europeo sub 21 e o Europeo Júnior de Pesos Olímpicos. Desta forma pechouse a participación da selección galega júnior, que logrou a segunda posición na clasificación por equipos.

 

Yadira tivo unha actuación espectacular con cinco triunfos en cinco combates axustados e de enorme concentración, o que lle permitiu acadar a medalla de ouro. En primeira rolda enfrontouse a Oraia Lallou Paraskevi (Grecia) e foi un combate durísimo que se decidiu no punto de ouro. A continuación tivo como rival á turca Sude Demiralp e aquí a nosa taekwondista venceu con moita facilidade (1-15). Desta forma, plantouse nos cuartos de final onde esperaba a croata Rea Kozlica, que tamén tivo que renderse ante Yadira, nunha axustada e fermosa loita (6-4). Na semifinal enfrontouse á croata Petra Savija e novamente Yadira venceu nun combate axustado (0-3). E para rematar, na final a galega superou, noutra proba de sangue fría e moita forza psicolóxica, á francesa Julie Nguyen (campioa de Europa cadete en 2020), á que eliminou no punto de ouro (4-2).

Print Friendly, PDF & Email