Circular 03/2021 

ASUNTO: CURSO DE PSICOLOXÍA PARA ADESTRADORES E DEPORTISTAS IMPARTIDO EN COLABORACIÓN CON NATURAL INNOVATION LAB.

DESTINATARIO: TODO-LOS CLUBES E DEPORTISTAS FEDERADOS.

LUGAR:           ONLINE dende a aula virtual da FGT.

DATA:             Comezo o 13/03/2021.

HORARIO:       Sábados:

De 10.00 a 11.00 horas para deportistas (8 sesións)

De 12.00 a 14.00 horas para adestradores (4 sesións)

  • Os horarios poideran sufrir modificacións en función de necesidades de organización.

 

INSCRICIÓNS: Na web da Federación Galega de Taekwondo antes das 13.00 h. do día 9 de marzo de 2021 (NON SE ADMITIRÁN INSCRICIÓNS FÓRA DE PRAZO).  

 

CUOTA DE INSCRICIÓN: GRATUITO. 

LIMITACIÓN A 15 PRAZAS POR GRUPO (ADESTRADORES E DEPORTISTAS) QUE SERÁN ASIGNADAS SEGUINDO OS CRITERIOS QUE SE INDICAN A CONTINUACIÓN E POR ORDE DE REXISTRO NA PLATAFORMA. 

Deportistas: Nados ata o ano 2005, incluido tendo preferencia os deportistas en base ós seguintes criterios:

  1. Haber participado coa a selección galega no cto de España senior nos últimos dous anos.
  2. Haber participado coa selección galega no cto España junior nos últimos dous anos.
  3. Orden de inscrición.

Adestradores: Adestradores colexiados ata completar as 15 prazas por orde de rexistro.

 

DOCUMENTACION:

(Categoría OTROS = DEPORTISTAS  Categoría TITULACIÓN = ADESTRADORES).

Acceso a aula: https://fgt.org.es/aula/aulafgt/login/index.php

 

A continuación facilítase información detallada de cada unha das actividades:

 

POÑENTE: José Fernández Rey.

Graduado en Psicoloxía

Experto en Psicología do Deporte.

Deportista Galego de Alto Nivel (DGAN)

 

Psicoloxía en TaeKwonDo para adestradores

 

¿Queres mellorar as  túas habilidades como adestrador?

¿ Influír nos teus deportistas para sacar o seu mellor rendemento?

O obxectivo do curso e dotar de ferramentas psicolóxicas os adestradores para mellorar ou optimizar o seu rendemento e o dos seus deportistas.

O programa divídese en dous grandes bloques diferenciados. No primeiro darase unha volta os aspectos e necesidades psicolóxicas máis relevantes no TaeKwonDo e indagarase na optimización do rendemento dos propios participantes como adestradores.

No segundo bloque exporanse diferentes estratexias do adestrador para influír positivamente nos seus deportistas, tanto en adestramentos cómo en competición.

  • Constará de 4 sesións de 2 horas cada unha.

 

Adestramento Psicolóxico en Taekwondo para deportistas

 

¿Queres mellorar nos teus adestramentos?

¿Non sabes como mellorar en competición?

En definitiva, ¿queres aumentar o teu rendemento?

O principal obxectivo do programa de adestramento psicolóxico consiste en axudar os deportistas a mellorar o seu rendemento deportivo. Pretendese proporcionar os deportistas habilidades psicolóxicas que podan axudarlles a aumentar as súas posibilidades de rendemento nos adestramentos e competicións.

Traballaranse habilidades psicolóxicas básicas como o establecemento de obxectivos, a regulación do nivel de activación ou estratexias de afrontamento de situacións de estrés.

  • Levárase a cabo en 8 sesións de 1 hora de duración o longo de oito semanas, nos que os deportistas teñan tempo de asimilar e por en práctica os contidos expostos.

 

Proximamente presentaranse os contidos completos e se abrirá inscrición web.

 

A Coruña, 16/02/21

Federación Galega de Taekwondo.

 

 

Print Friendly, PDF & Email