DE: Juan Carlos Eiriz López – Presidente da FGT.

A: Sres/as. Membros da Asamblea Xeral da FGT

ASUNTO: CONVOCATORIA DE REUNIÓN DA ASAMBLEA XERAL DA FGT.

A Coruña, 15/02/2024

 

Estimado/a compañeiro/a:

Polo presente teño o pracer de convocalo/a á reunión de carácter ORDINARIO da
Asamblea Xeral desta Federación Galega de Taekwondo que se celebrará o vindeiro
16 de marzo de 2024 en Santiago de Compostela – Salón de Reunións da Real Federación Galega de Fútbol, Estadio Multiusos Vero Boquete San Lázaro, dando comezo ás 10.00 horas en primeira convocatoria e ás 10.30 horas en segunda e última e que contará coa seguinte

ORDE DO DÍA:

1.- Comprobación de quórum.
2.- Lectura e aprobación da acta da sesión anterior se procede.
3.- Informe económico do ano 2023.
4.- Informe da presidencia do ano 2023.
5.- Informe dos distintos departamentos do ano 2023.
6.- Proxecto económico para o ano 2024.
7.- Proxectos dos distintos departamentos para 2024.
8.- Calendario deportivo para o ano 2024.
9.- Propostas dos señores membros.
10.- Rogos e preguntas.

Sen outro particular, reciba un saúdo afectuso.

Asdo. Juan Carlos Eiriz López

Presidente

Print Friendly, PDF & Email