DESTINATARIO: TODO-LOS CLUBES E XIMNÁSIOS FEDERADOS
ASUNTO: CAMPIONATO GALEGO CADETE MASCULINO E FEMININO
AVISOS IMPORTANTES NESTE ESPACIO:
SORTEOS: https://www.dropbox.com/sh/dr9ln9wglxm5qew/AACP6E-Jppn9urlIfEVBsphMa?dl=0
“XUNTA DE GALICIA” ANO 2022
- A COMPETICIÓN
- LUGAR: Pavillón Municipal de Reibón – Moaña
- DATA: Sábado, 23/04/2022.
- HORÁRIO: A partires das 09.00 hr. (o horario podería modificarse en función do número de inscritos).
- NORMAS TÉCNICAS
- INSCRICIÓNS: Todo-los clubes dados de ALTA na tempada 2022, poderán presentar un equipo masculino e un feminino con un máximo de dous competidores/as por peso.
As inscricións faranse exclusivamente a través da aplicación web, antes das 13.00 horas do 15/04/2022. Unha vez pechada, publicarase o listado provisional de inscritos.
Logo de 3 días naturais publicarase o listado definitivo de inscritos.
Para realizar cambios de peso tras a publicación do listado definitivo abonarase unha cuota de dez euros (10€).
- GRAO MÍNIMO:
Masculino: Cinto VERDE.
Feminino: Cinto VERDE.
- DOCUMENTACIÓN:
- Todo-los desportistas deberán estar en posesión da licenza federativa e grao do presente ano 2022, obtidos coa suficiente antelación para que suministre efectos o seguro de accidentes o día do campionato, e os graos poidan estar actualizados na aplicación.
- Todos os deportistas deberán acudir con acreditación que poderá descargarse da aplicación web.
- Os clubes faranse cargo das autorizacións paternas e declaración responsables orixinais, poñéndoas a disposición da FGT de xeito inmediato se fosen requeridas.
- IDADES: Soamente poderán participar os desportistas nados nos anos 2008, 2009 e 2010.
- PROTECCIÓNS: Son obrigatorias toda-las proteccións reglamentarias. Cada desportista deberá te-las súas, excepto o peto e casco.
- OS COMBATES: Rexeranse polos tempos marcados polo Regulamento de Arbitraxe da WTF, podendo ser modificados pola organización segundo as necesidades da competición.
- ARBITRAXE: Rexerá-se polo Regulamento actualmente en vigor, da WTF.
- UNIFORMIDADE OBLIGATORIA DOS ÁRBITROS: Pantalón gris (NON VAQUEIRO), camisa branca, gravata azul, zapatillas brancas e chaqueta azul mariño.
- PESOS:
Masculino | Categoria
|
Feminino
|
– 33 kg
|
Minimosca
|
– 29 kg
|
33 kg – 37 kg
|
Mosca
|
29 kg – 33 kg
|
37 kg – 41 kg
|
Galo
|
33 kg – 37 kg
|
41 kg – 45 kg
|
Pluma
|
37 kg – 41 kg
|
45 kg – 49 kg
|
Lixeiro
|
41 kg – 44 kg
|
49 kg – 53 kg
|
Superlixeiro
|
44 kg – 47 kg
|
53 kg – 57 kg
|
Semimedio
|
47 kg – 51 kg
|
57 kg – 61 kg
|
Medio
|
51 kg – 55 kg
|
61 kg – 65 kg
|
Semipesado
|
55 kg – 59 kg
|
+ 65 kg
|
Pesado
|
+ 59 kg
|
- TROFEOS:
Individuais: Medallas para os tres primeiros clasificados.
Equipos: Trofeo ós equipos campións, masculino e feminino.
Oro: 7 puntos.
Prata: 3 puntos.
Bronce: 1 punto.
- ORGANIZACIÓN
- ORGANIZA o Clube PATIÑO por delegación da Federación Galega de Taekwondo.
- PESAXE: O día anterior á competición, venres 22:
Riveira: Club Natural Sport. De 17.00 a 19.00 horas.
A Coruña: Gimnasio Garrapucho. De 16:00 a 18:00 horas.
Marín: Ximnasio Mat´s de 16:00 a 17:00 horas.
Vigo: Ximnasio Seungsport. Rúa Travesía de Vigo, 36 interior.
De 16.30 a 17.45 horas.
Lugo: Ximnasio Jansu. Domingo Goas – Vilalba. De 17:00 a 18:00 horas.
Ourense: Ximnasio Couto. De 14:00 a 15:00 horas.
CGTD: Para deportistas do centro en horario habitual. Contactar con Jesús Benito. As solicitudes extraordinarias de pesaxe no centro, deberán ser xustificadas á Dirección de Arbitraxe.
As peticións de pesaxe, tanto no pavillón (unha hora antes da sesión correspondete) ou nos clubes distintos ás sedes oficiais, deberán solicitarse vía mail á Direccion de Arbitraxe, antes da publicación do listado definitivo de inscritos.
- SORTEO: Realizarao o Director de Arbitraxe o día anterior á competición. Aqueles delegados que queiran estar presentes deberán comunicarllo a dito director no email arbitraxe@taekwondogalego.com
- XUNTANZA DE DELEGADOS E ÁRBITROS: Celebrarase MEDIA hora antes do inicio da competición no pavillón – Lémbrase a todo-los árbitros a obrigatoriedade de asistir a esta xuntanza, e parte da gratificación que perciben corresponde á mesma.
- COMEZO DA COMPETICIÓN: ás 09.00 horas.
- CONDICIÓNS ECONÓMICAS
- PERTENZA A CLUB FEDERADO: os desportistas, técnicos e árbitros deberán pertencer a un club afiliado á FGT na temporada 2022, e ter a licenza federativa actual.
- ÁRBITROS: Os clubes participantes PODERÁN PROPOÑER un árbitro colexiado xunto coa inscrición e comunicalo vía mail a arbitraxe@taekwondogalego.com . NO É OBRIGATORIA A PROPOSTA DE ÁRBITROS PERO SÍ É DE OBRIGADA ASISTENCIA SE O CLUBE NOMINA A UN ÁRBITRO.
- TÉCNICOS: Os que actúen como coach deberán estar inscritos no impreso oficial e colexiados.
- RECLAMACIÓNS
- COMITÉ DE SUPERVISIÓN DO CAMPEONATO: Estará formado por:
Presidente: Director de arbitraxe.
Vocais: O Delegado Técnico, o director do clube organizador e dous un técnicos máis que serán escollidos por sorteo o dia da competición.
RECLAMACIÓNS: Poderán ser polas causas reflectidas no Regulamento de Arbitraxe da WTF, actualmente en vigor. Deberán facer-se sempre por escrito, no impreso correspondente e asinadas polo delegado oficial do club.
- Ó entregar a reclamación, abonarase unha cuota de trinta euros (30€), dos que se entregará o correspondiente recibo. En caso de que a reclamación sexa considerada, devolverase o seu importe.
- Os delegados oficiais, que figurarán no impreso de inscrición, serán os únicos que poderán representar ao club en todos os actos do campionato. Os adestradores co fin de dar unha boa imaxe do noso desporte, deberán vestir con chándal e con calzado desportivo, para evitar problemas co servizo de mantemento dos pavillóns.
A FGT non se fai responsable dos problemas orixinados polo incumprimento das normas que figuran nesta circular ou da legalidade vixente.
NOTAS MOI IMPORTANTES:
ACORDO DA ASAMBLEA DE 16/02/2012.- OS COMPETIDORES NON PODERÁN PARTICIPAR NOS CPTOS. GALEGOS OFICIAIS CO EQUIPAMENTO DA SELECCIÓN GALEGA.
Desportistas e adestradores para recoller as medallas:
- Recollerá-se a medalla en chándal ou en dóbok. Os adestradores poden facelo en chándal.
- En caso de non vestir adecuadamente, recollerá a medalla un compañeiro, ou se lle entregará ao delegado do club ao finalizar o acto.
AVISO IMPORTANTE: INFÓRMASE ÓS CLUBES QUE DEBERÁN ACUDIR Á COMPETICIÓN CON PARTES DE ACCIDENTE, PROTOCOLO E CADRO MÉDICO PARA OS SEUS COMPETIDORES.
A Coruña, 23/03/2022.
O Secretario Xeral
Juan Carlos Caínzos Gómez
COVID19 – APLICACIÓN DO PROTOCO FISICOVID-DXTGALEGO.