DEPORTE ESCOLAR

FASE AUTONOMICA – CAMPIONATO ESCOLAR DE COMBATE – XUNTA DE GALICIA

CALDAS, 22/06/24

AVISOS IMPORTANTES:

VER CLASIFICADOS

VER SORTEO

 

 

Circular 20/2024

DEPORTE ESCOLAR

FASE PROVINCIAL – CAMPIONATO ESCOLAR DE COMBATE

HORA: A partires das 09.00 horas nas datas indicadas a continuación a partires das 9 horas (os horarios poderán sufrir modificacións en función do nº de inscritos).

LUGAR: Organizan os servicios provinciais da SXpD en colaboración cos seguintes clubes:

 

LUGAR: Organizan os servicios provinciais da SXpD en colaboración cos seguintes clubes:

Lugo: SABADO 01/06/2024 – Pavillon Municipal de Taboada – Organiza Clube Neka.

Ourense: SABADO 01/06/2024 –Pavillón Municipal de Oira – Ourense – Organiza Clube Couto.

A Coruña: DOMINGO 02/06/2024 – Pavillón Municipal de Barraña – Boiro. Organiza Clube Malamia.

Pontevedra: SABADO 15/06/2024 – Pavillón Minicipal de Ponteareas – Organiza Clube Leam. 

 

*poderían darse cambios en función das inscricións.

Para máis información sobre pavillóns de celebración e horarios, contactar cos clubes organizadores (Tlfnos. de contacto, enderezo e emails na web www.taekwondogalego.es ).

 

INSCRCICIÓN: As inscricións deberán facerse a través da aplicación web da FGT que permanecerá aberta ata as 13.00 hr. do 24/05/2024.

OS DEPORTISTAS TEÑEN QUE TER A LICENCIA E GRAO TRAMITADOS NA FGT CON ANTERIORIDADE. LEMBRAMOS QUE OS DEPORTISTAS SAIRÁN INSCRITOS CO GRAO QUE OSTENTAN NO MOMENTO DA INSCRICIÓN (REXISTRO DO NENO NA APP) E NON DO PECHE DE INSCRICIÓN.

 

Os competidores deberán estar mutualizados pola Secretaría Xeral para o Deporte, para o que tiveron que ser inscritos en tempo e forma na base de datos de XOGADE, nos prazos indicados. OS DEPORTISTAS NON REXISTRADOS EN XOGADE NON PODERÁN PARTICIPAR E ESTA FGT NON SE FARÁ CARGO DAS RESPONSABILIDADES DERIVADAS DE DEPORTISTAS NON REXISTRADOS NA APLICACIÓN.

 

O CLUBE CERTIFICARÁ A TRAVÉS DA APLICACIÓN WEB QUE TEN AS AUTORIZACIÓNS PATERNAS NO SEU PODER, E DEBERÁ POÑELAS A DISPOSICIÓN DESTA FGT DE XEITO INMEDIATO SE LLE FOSEN REQUERIDAS.

 

  • CADETE: nados nos anos 2010 – 2011. – grao mínimo LARANXA.
  • PRECADETE: nados nos anos 2012 -2013.- grao mínimo AMARELO.
  • INFANTIL: nados nos anos 2014 – 2015.- grao mínimo AMARELO.

 

REGULAMENTO ADAPTADO PARA MODALIDADE DE COMBATE:

Participación sen limitación – acordo asamblea xeral 2020. En caso de que se inscriban deportistas cun peso corporal que non estea recollido nas categorías preexistentes e sempre que se xunten catro ou máis competidores nese ratio de peso poderase abrir unha nova categoría. En caso contrario integraranse

na categoría inmediatamente superior.

 

PESOS:

 

INFANTIL PRECADETE CADETE
Masculino e feminino Masculino e feminino Masculino Feminino
P0 – 23 kg -24 kg
P1 -26 kg -27 kg -33 kg -29 kg
P2 -29 kg -30 kg -37 kg -33 kg
P3 -32 kg -33 kg -41 kg -37 kg
P4 -35 kg -36 kg -45 kg -41 kg
P5 -38 kg -40 kg -49 kg -44 kg
P6 -41 kg -44 kg -53 kg -47 kg
P7 -44 kg -48 kg -57 kg -51 kg
P8 -47 kg -52 kg -61 kg -55 kg
P9 -50 kg -57 kg -65 kg -59 kg
P10 53 kg +57 kg +65 kg +59 kg
P11 +53 kg

 

Pesaxe:

 

VENRES 31/05/2024 PARA AS PROVINCIAS DE:

  • LUGO
  • OURENSE
  • A CORUÑA

 

VENRES 14/06/2024 PARA A PROVINCIA DE:

  • PONTEVEDRA

 Realizarase nas sedes oficiais da FGT (baixo diretrices da FGT https://fgt.org.es/portal/index.php/2021/04/27/sedes-oficiais-e-normativa-de-pesaxe/):

 

  • Marín: Gimnasio Mat´s de 15:30 a 17:30 horas
  • A Coruña: Gimnasio Garrapucho de 16:00 a 18:00 horas
  • Riveira: Gimnasio Natural Sport de 16:15 a 18:15 horas
  • Ourense: Centro deportivo Couto de 13:00 a 15:00 horas
  • Vigo: Seungsport de 16:00 a 18:00 horas
  • Lugo: Gimnasio Valerics de 16:00 a 18:00 horas
  • Gimnasio Jansu de 16:00 a 18:00 horas

 

Resumo regulamento. En liñas xerais aplicarase o regulamento en vigor publicado pola WT, e en consecuencia pola RFET e FGT, pero segundo as categorías, aplicaranse unas normas “especiais” que garantan a seguridade dos deportistas e o seu desenrolo na especialidade.

 

TAEKWONDO ALEVÍN E INFANTIL CADETE
MODALIDADE DE COMBATE
Nº e duración asaltos 3 x 1´ 3×1´30”
Tempo descanso 30” 45”
Área de competición 6x6mts / 8x8mts 8x8mts
Golpeos permitidos Todos Todos
 

Penalizacións

Penalizase o exceso de forza no golpeo ao casco Regulamento

WT

 

 

Valor das accións

 

Regulamento

WT

 

Regulamento

WT

Proteccións Todas incluindo o casco con máscara facial Todas incluindo o casco con máscara facial.
 

Exclusións

 

Ver regulamento

 

Ver regulamento

 

Arbitraxe:

Aplicaráse o regulamento WT baixo diretrices FGT vixente coas adaptacións pertinentes en cada categoría.

REGULAMENTO

 

  • Idades regulamentarias de deporte escolar (alevín, infantil e cadete) e pesos oficiais.
  • Grao mínimo, cinturón amarelo para alevín e infantil e cinturón laranxa para cadete.
  • Excluir a tod@s @s medallistas nacionais ou internacionais (Openes internacionais tipo Open de España ou similares, Campionatos de España, sexan de seleccións ou de clubes en calqueira categoría).
  • Excluir a tod@s @s membros das distintas seleccións galegas en campionatos oficiais excepto Open de España (Openes internacionais fora das nosas fronteiras ou Campionato de España).
  • Excluir a tod@s @s deportistas que ocupen as duas primeiras posicións reais do ranking, en calqueira categoría, na data do peche da inscripción (non se teñen en conta deportistas que se atopen competindo en outros pesos, e polo tanto corren a posición ó seguinte).
  • Admitir, e polo tanto permitir a participación de medallistas nacionais ou internacionais en categorías infantil ou alevín, cando por idade sexan cadetes, pero non poderán participar en categoría alevín ou infantil.

 

EN CANTO AO RESTO DOS MEDALLISTAS E OUTROS COMPETIDORES CON UN NIVEL DE COMPETICIÓN RELEVANTE, PREGAMOS ABSOLUTA PRUDENCIA E RIGOR POR PARTE DOS ADESTRADORES Á HORA DE FACELA INSCRICIÓN E NO MESMO CAMPIONATO.

 

NON ESQUEZADES QUE SE TRATA DE DARLLE ABSOLUTA PROTECCIÓN E SEGURIDADE A TODO-LOS NENOS PARTICIPANTES.

 

CLASIFICACIÓN:

O sistema de clasificación será N/2 no caso de que o número de participantes sexa par e (N/2) + 1 no caso de que nas fases provincias os equipos participantes foran impares, ou ouro, prata e bronces sempre.

 

Calquera dúbida sobre a inscrición, unha vez lida a circular, pregamos se remita á dirección deportiva da FGT

 

direcciondeportiva@taekwondogalego.gal  

 

 

 

 

FASE AUTONÓMICA – CAMPIONATO ESCOLAR DE COMBATE.

DATA: Sábado, 22 de XUÑO de 2024.

LUGAR:  Organiza Clube Número Phi. Pavillón Municipal de Caldas de Reis – Pontevedra.

 

Participan os deportistas clasificados nas fases provinciais. PREGAMOS ÓS ORGANIZADORES DOS DISTINTOS PROVINCIAIS NOS REMITAN OS CLASIFICADOS ANTES DO MÉRCORES SEGUINTE Á COMPETICIÓN, no arquivo electrónico que remitiremos dende a FGT. 

 

CLASIFICACIÓN: O sistema de clasificación será N/2 no caso de que o número de participantes sexa par e (N/2) + 1 no caso de que nas fases provincias os equipos participantes foran impares.

 

A Coruña, 04/05/2024.

O SECRETARIO XERAL

Print Friendly, PDF & Email