DEPORTE ESCOLAR

FASE PROVINCIAL – CAMPIONATO ESCOLAR DE EXHIBICION – XUNTA DE GALICIA

AVISOS IMPORTANTES:

VER INSCRICIÓN

VER HORARIO E SORTEO

 

HORA: A partires das 09.00 horas nas datas indicadas a continuación a partires das 9 horas (os horarios poderán sufrir modificacións en función do nº de inscritos).

LUGAR: Organizan os servicios provinciais da SXpD en colaboración cos seguintes clubes:

HORARIO a partires das 9 horas (determinaranse horarios definitivos unha vez pechadas inscricións):

LUGAR: Organizan os servicios provinciais da SXpD en colaboración cos seguintes clubes:

A Coruña: DOMINGO 02/06/2024 – Pavillón Municipal de Barraña – Boiro. Organiza Clube Malamía.

Pontevedra: SABADO 15/06/2024 – Pavillón Municipal de Ponteareas – Organiza Clube Leam.  

Lugo: SABADO 01/06/2024 – Pavillon Municipal de Taboada – Organiza Clube Neka.

Ourense: SABADO 01/06/2024 –Pavillón Municipal de Oira – Ourense – Organiza Clube Couto.

*poderían darse cambios en función das inscricións.

Para máis información sobre pavillóns de celebración e horarios, contactar cos clubes organizadores (Tlfnos. de contacto, enderezo e emails na web www.taekwondogalego.es ).

 

INSCRCICIÓN: As inscricións deberán facerse a través da aplicación web da FGT que permanecerá aberta ata as 13.00 hr. do 24/05/2024.

  

OS DEPORTISTAS TEÑEN QUE TER A LICENCIA E GRAO TRAMITADOS NA FGT CON ANTERIORIDADE. LEMBRAMOS QUE OS DEPORTISTAS SAIRÁN INSCRITOS CO GRAO QUE OSTENTAN NO MOMENTO DA INSCRICIÓN (REXISTRO DO NENO NA APP) E NON DO PECHE DE INSCRICIÓN.

 

@s competidor@s deberán estar mutualizados pola Secretaría Xeral para o Deporte, para o que tiveron que ser inscrit@s en tempo e forma na base de datos de XOGADE, nos prazos indicados. @S DEPORTISTAS NON REXISTRAD@S EN XOGADE NON PODERÁN PARTICIPAR E ESTA FGT NON SE FARÁ CARGO DAS RESPONSABILIDADES DERIVADAS DE DEPORTISTAS NON REXISTRAD@S NA APLICACIÓN – OS CLUBES CONTAN CUN LISTADO ACTUALIZADO DE DEPORTISTAS MUTUALIZADOS.

O CLUBE CERTIFICARÁ A TRAVÉS DA APLICACIÓN WEB QUE TEN AS AUTORIZACIÓNS PATERNAS NO SEU PODER, E DEBERÁ POÑELAS A DISPOSICIÓN DESTA FGT DE XEITO INMEDIATO SE LLE FOSEN REQUERIDAS.

 

CATEGORÍAS E IDADES DE PARTICIPACIÓN – EXHIBICIÓN INFANTIL E CADETE.

A inscrición farase por equipo sen límite de participación – acordo asemblea xeral 2020. En caso de que un club teña varios equipos deberá inscribilos como equipo A, B e C. Os equipos estarán formados por 5 deportistas como mínimo e 12 como máximo e poderán inscribir 3 suplentes.

Os equipos poderán ser masculinos, femininos ou mixtos indistintamente, pero que competirán xuntos.

– @s competidor@s de exhibición deberán presentar DNI na mesa de revisión de acceso ó tapiz.

 

CATEGORÍA INFANTIL (Categoría A): Nados dende 2012 ata 2017

*@S DEPORTISTAS QUE PARTICIPARAN NA CATEGORÍA CADETE NON PODERÁN PARTICIPAR NESTA CATEGORIA.

CATEGORÍA CADETE (Categoría B): Nados nos anos 2008, 2009, 2010, 2011, 2012, 2013,  2014, 2015, 2016 e 2017.

* Estas idades serán as que se terán en conta para o vindeiro campionato galego. Non se require grao mínimo para participar, pero sí se o equipo pretende clasificar para o cpto. de España. Amarelo /Laranxa.

 

CLASIFICACIÓN:

O sistema de clasificación será N/2 no caso de que o número de participantes sexa par e (N/2) + 1 no caso de que nas fases provincias os equipos participantes foran impares e todos os empatados co último clasificado, ou ouro, prata e bronces.

 

 

 

FASE AUTONÓMICA – CAMPIONATO ESCOLAR DE EXHIBICIÓN

 

DATA: Sábado, 22 de XUÑO de 2024.

LUGAR:  Organiza Clube Número Phi. Pavillón Municipal de Caldas de Reis – Pontevedra.

 

Participan os deportistas clasificados nas fases provinciais. PREGAMOS ÓS ORGANIZADORES DOS DISTINTOS PROVINCIAIS NOS REMITAN OS CLASIFICADOS ANTES DO MÉRCORES SEGUINTE Á COMPETICIÓN, no arquivo electrónico que remitiremos dende a FGT.

CLASIFICACIÓN: O sistema de clasificación será N/2 no caso de que o número de participantes sexa par e (N/2) + 1 no caso de que nas fases provincias os equipos participantes foran impares e todos os empatados co último clasificado.

– Os competidores de exhibición deberán presentar DNI na mesa de revisión de acceso ó tapiz.

A Coruña,     05/05/202024

Asdo. O Secretario Xeral

Print Friendly, PDF & Email