PROCESO ELECTORAL 2026
DE: Juan Carlos López Eiriz. Presidente da FGT.
A: Sres. Membros da Asamblea Xeral da FGT
ASUNTO: CONVOCATORIA DE REUNIÓN DA ASAMBLEA XERAL DA FGT.
A Coruña, 13/05/2026
Estimado señor:
Pola presente teño o pracer de convocalo á reunión de carácter extraordinario da Asamblea Xeral desta Federación Galega de Taekwondo que se celebrará o vindeiro
30 de maio de 2026 en Boiro, no Centro Social, sito na rúa Manuel María, 1, dando comezo ás 16.00 horas en primeira convocatoria e ás 16.30 horas en segunda e última e que contará coa seguinte
ORDE DO DÍA:
1.- Comprobación de quórum.
2.- Aprobación do Regulamento Electoral e calendario electoral da FGT, revisados pola Secretaría Xeral para o Deporte despóis da pasada asamblea celebrada o 28 de marzo, instando a esta FGT a modificar o punto referido ás “actividades” para a elaboración dos censos.
3.- Elección da Xunta Electoral.
4.- Aprobación por parte da Asamblea para facultar ó presidente da FGT, á Xunta Directiva/Electoral /Comisión Xestora da FGT a introducir as modificacións no Regulamento Electoral que poidese suxerir a Secretaría Xeral para o Deporte se fose preciso, evitando a necesidade de convocar novamente unha reunión da Asamblea Xeral.
Adxúntase regulamento electoral e calendario actualizados e conforme ó establecido nos estatutos desta FGT e á normativa autonómica que regula o proceso electoral.
Sen outro particular, reciba un cordial saúdo.
Juan Carlos López Eiriz.- Presidente
VER CONVOCATORIA / BORRADOR REGULAMENTO / CALENDARIO NO DOCUMENTO ADXUNTO.








