O sábado 9 de marzo celebrarase a terceira edición do Open Alda Sada Marina de técnica e freestyle con case 450 participantes das categorías benxamín, alevín, infantil, cadete e xuvenil. Entrada de balde.

 

O torneo, incluído no ranking galego de técnica e freestyle, celebrarase en horario de mañá (de 09:00 a 14:30 horas) no Pavillón Municipal de Sada, no que se instalarán cinco tapices para a competición.

 

Unha das características deste torneo é a celebración do Duelo Protec: Nas categorías individuais realizarase un enfrontamento de campións. O campión masculino fronte á campioa feminina da súa categoría nun único poomsae de libre elección. Os árbitros/as elixiran ao gañador por un sistema de bandeiras e o gañador recibirá un o premio, a cargo de Protec Europa.

 

Este evento tamén terá un carácter benéfico, de forma que a organización solicita a colaboración tanto das e dos participantes coma do público, xa que se vai realizar unha recollida de alimentos e produtos de hixiene a favor de Cruz Roja de Sada.

 

Ademais, haberá un fotógrafo profesional para facer sesións de fotos e unha monitora de tempo libre para organizar actividades cos máis pequenos.

 

O club organizador do evento é o Taekwondo Sada Alda Hotels, que conta coa colaboración do Concello de Sada, a Federación Galega de Taekwondo e Protec Europe.

 

 

Print Friendly, PDF & Email