O venres 28 de xaneiro celebrouse no Auditorio Municipal de La Nucia (Alacante) a Gala dos Premios Nacionais de Taekwondo 2020/21, nos que se homenaxea a deportistas, xuíces, técnicos/as, clubs, entidades e persoas que traballar a prol do noso deporte. Na gala deste ano, por suposto, tamén houbo membros do taekwondo galego que recibiron o recoñecemento ao gran traballo que están a desenvolver. Dende a Federación Galega de Taekwondo queremos felicitarlles a todos e todas as premiadas e tamén destacar o traballo diario de todo o taekwondo galego para seguir avanzando e máis, nesta complicada situación que nos tocou vivir pola pandemia da COVID-19.

 

Os e as premiadas galegas nos Premios Nacionais 20/21 foron:

 

Medalla de ouro ao mérito deportivo da RFET:

  • Antonio Montes Hermida
  • Juan Luis Martínez Queiruga

 

Premio Nacional ao deportista da categoría de parataekwondo máis destacado:

  • Alex Vidal Álvarez

 

Premio Nacional á deportista de poomsae máis destacada:

  • Raquel Quillén Sánchez

 

Premio Nacional ao mellor árbitro/a nacional de poomsae que máis e mellor colaborou nas actividades nacionais:

  • Concepción Martínez Carballo

 

Premio Nacional ao club que máis se distinguiu e destacou na promoción do taekwondo:

  • Suh Sport

 

Print Friendly, PDF & Email