A selección galega de técnica (categorías cadete, júnior e sénior) participará o sábado 2 de marzo no Open de Andalucía de Poomsae e Freestyle, que se celebrará en Málaga con preto de 200 inscricións. Esta proba concede puntos para o ránking español, que decidirá a clasificación para o Europeo.

Galicia viaxa cun amplo equipo, que tentará subirse ao podio tanto a nivel individual coma de equipos, tal e como xa fixeron o pasado ano.

 

Print Friendly, PDF & Email