ASUNTO: CONVOCATORIA DE REUNIÓN DA ASAMBLEA XERAL DA FGT.
A Coruña, 03/02/2023
Estimado/a compañeiro/a:
Polo presente teño o pracer de convocalo/a á reunión de carácter ORDINARIO da
Asamblea Xeral desta Federación Galega de Taekwondo que se celebrará o vindeiro
día 5 de marzo de 2023 en Santiago de Compostela – Salón de Reunións da Real Federación Galega de Fútbol, Estadio Multiusos Vero Boquete San Lázaro, dando comezo ás 10.00 horas en primeira convocatoria e ás 10.30 horas en segunda e última e que contará coa seguinte
ORDE DO DÍA:
1.- Comprobación de quórum.
2.- Lectura e aprobación da acta da sesión anterior se procede.
3.- Informe económico do ano 2022.
4.- Informe da presidencia do ano 2022.
5.- Informe dos distintos departamentos do ano 2022.
6.- Proxecto económico para o ano 2023.
7.- Proxectos dos distintos departamentos para 2023.
8.- Calendario deportivo para o ano 2023.
9.- Propostas dos señores membros.
10.- Rogos e preguntas.
Sen outro particular, reciba un saúdo afectuso.
Asdo. Juan Carlos Eiriz López
Presidente