CIRCULAR Nº 05/2023

DESTINATARIO: TODO-LOS CLUBES E XIMNASIOS FEDERADOS.

ASUNTO: CAMPIONATO PROMOCIÓN CADETE, XUNIOR, ABSOLUTO E CAMPIONATO GALEGO DE VETERANOS, MASCULINO E FEMININO. “XUNTA DE GALICIA” – 2023

AVISOS IMPORTANTES:

INSCRICION DEFINITIVA, CABEZAS DE SERIE E PESAXE EN TEMPO REAL

RESULTADOS

PESAXE: A data para a realización da pesaxe será o VENRES 17/03/2023 nos horarios habituáis das sedes indicadas en circular.

  1. A COMPETICIÓN.

1.1.         LUGAR: Pavillón Polideportivo Municipal do GATAÑAL. Ctra. A Liméns. CANGAS.

1.2.         DATA: Domingo, 19 de marzo de 2023.

1.3.         HORÁRIO: A partires das 09.00 horas (podería modificarse en función do número de inscritos).

 

  1. NORMAS TÉCNICAS:

 

  1. INSCRICIÓNS: Todo-los clubes, reafiliados no ano 2023, poderán presentar un equipo masculino e outro feminino para cada unha das categorías. INSCRICIÓN A TRAVÉS DA WEB – PRAZO DE INSCRICIÓN ABERTO ATA AS 13.00 HR. DO DÍA 09/03/2023.

Será obrigatorio indicar a sede de pesaxe correspondente a cada deportista no momento de realizar a inscrición.

ENLACE NORMATIVA INSCRIPCIÓN E PESAXES

https://fgt.org.es/portal/index.php/2021/04/27/sedes-oficiais-e-normativa-de-pesaxe/

  

OS CLUBES PODEN PROPONER A ÁRBITROS PARA A COMPETICIÓN A TRAVÉS DA PROPIA INSCRICIÓN PERO, SEGUNDO ACORDO DA ASAMBLEA, NON ESTÁN OBRIGADOS A FACELO. EN TODO CASO. SÍ ESTÁN OBRIGADOS A QUE O ÁRBITRO ASISTA A COMPETICIÓN SE FOSE INSCRITO E CONVOCADO.

 

 

  1. DOCUMENTACIÓN A APRESENTAR: INSCRICIÓN A TRAVÉS DO SISTEMA WEB. O clube farase cargo das autorizacións paternas dos deportistas e deberá poñelas a disposición da FGT se esta as solicitase.

 

  1. IDADES: (VER REGULAMENTO DAS DITINTAS CATEGORÍAS “A” E “B”).

 

– INFANTIL: os nados en 2014 e 2015.

– PRECADETE: os nados en 2012 e 2013.

– CADETE: os nados nos anos 2009, 2010 e 2011.

– XUNIOR: os nados nos anos 2006, 2007 e 2008.

– ABSOLUTO: os nados no ano 2006 e anteriores.

– VETERANOS: a partir de 35 anos cumpridos no ano en curso (anos 1988 e anteriores).

* A CATEGORÍA VETERANOS CORRESPONDE Ó CPTO. GALEGO DE VETERANOS E NON SERÁ INCLUIDA NO MEDALLEIRO DO CPTO. GALEGO PROMESAS.

 

NOTA: Un mesmo desportista non poderá participar en máis dunha categoria.

 

  1. PROTECCIÓNS: Son estrictamente obligatorias, e deberá aportarlas cada desportista: casco reglamentario, coquilla, proteccións de antebrazos e espinillas e protección bucal, guantillas e protectores de empeine electrónicos Daedo. Non se usarán cascos electrónicos.
  2. REGULAMENTO: Aplicarase o regulamento da W.T.F.
  3. ARBITRAXE: Os árbitros deberán vestir: Pantalón gris (non vaqueiro), camisa branca, garavata da FGT, zapatillas brancas e americana azul mariño.
  4. PESOS: Os estipulados ofícialmente para as tres categorías. No caso de VETERANOS, serán pesos OLÍMPICOS (ver nota adxunta).
  5. TROFEOS:

– INDIVIDUAL: Primeiro, Segundo e Terceiro de cada categoria, medalla.

– EQUIPOS: Primeiro, Segundo e Terceiro de cada categoria (masculino e feminino) trofeo.Seguirá-se o seguinte baremo: OURO = 7 puntos , PRATA = 3 puntos, BRONCE = 1 punto.

Computarán todas as medallas conseguídas, independentemente de que os desportistas fixesen ou non combate. (Lembro Asamblea Xeral de 03.03.01)                          

 

  1. ORGANIZACIÓN:

 

  1. ORGANIZA: Club SARES TKD CANGAS por delegación da Federación Galega de Taekwondo.
  2. PESAXE: o viernes dia 17/03/23, os competidores das províncias de:

HORARIOS ACTUALIZADOS 13/03/23

Ribeira: Clube Natural Sport. De 17:00 a 19:00 horas.
A Coruña: Clube Garrapucho. De 16:00 a 18:00 horas.
Marín: Clube Mat’s. De 15:30 a 17:30 horas.
Vigo: Clube Seungsport. De 16:00 a 18:00 horas.
Lugo: Clube Valerics. De 16:00 a 18:00 horas.
Ourense: Clube Couto. De 13:00 a 15:00 horas.
CGTD. De 11:00 a 13:00 horas. Exclusivamente
para deportistas autorizados do centro.

 

  1. SORTEO: Realizarao o Director de Arbitraxe o día anterior á competición. Aqueles delegados que queiran estar presentes deberán comunicarllo ó director de arbitraxe no mail arbitraxe@taekwondogalego.com
  2. REUNION DE DELEGADOS Celebrarase MEDIA HORA antes do inicio da Competición no pavillón. (É DE OBRIGATORIA ASISTENCIA E PRÉGASE ESPECIAL PUNTUALIDADE).
  3. COMEZO DA COMPETICIÓN: 09.00 horas.
  4. NORMAS PARA OS ADESTRADORES:
    1. INDUMENTARIA: É obligatoria a utilizazón de roupa e calzado desportivo para acceder á pista.
    2. SANCIÓNS: no Comité Executivo da W.T.F. e a Asamblea Xeral da F.E.T. lembraron que nos campionatos se sancionará, de acordo co Regulamento Internacional de Arbitraxe, as acenacións, aplausos e acenos ostensibeis dos adestradores durante o combate, lembrando que as sancións previstas poden chegar até a descalificación do competidor e a inabilitación do adestrador.Os actos anteriormente citados incitan á violencia e aos desórdens, tanto do público como dos participantes, o que vulnera o REAL DECRETO sobre violencia no desporte e o Regulamento de Disciplina Desportiva, ademais do espectáculo deplorable e tan prexudicial para o Tae Kwon Dó que dan os infractores destas regras.
  • PROTECCIÓNS: SON OBRIGATORIAS TODALAS REGULAMENTARIAS E CADA DEPORTISTA DEBERÁ LEVAR AS SÚAS EXCEPTO O PETO QUE SERÁ FACILITADO POLA ORGANIZACIÓN.

 

  1. CONDICIÓNS ECONÓMICAS:

 

  1. PERTENZA A UN CLUB FEDERADO: os desportistas, árbitros, adestradores e delegados deberán pertencer a clubes federados, cuia cuota do ano 2023.

 

 

  1. RECLAMACIÓNS:
    1. COMITÉ DE CAMPIONATO: Estará formado por:

Presidente: Director de arbitraxe.

Vocais: O Delegado Técnico, o  director do clube organizador e dous un técnicos máis que serán escollidos por sorteo o dia da competición ademáis do árbitro de mesa do tapiz no que se produza a reclamación.

 

RECLAMACIÓNS: segundo o Regulamento da W.T.F.  faranse por escrito no impreso oficial e asinado polo Delegado Oficial do Club reclamante, estrumando préviamente 30 euros que serán dedevoltados en caso de prosperar a reclamación.

 

NOTA MOI IMPORTANTE: Segundo o acordado por unanimidade na Asamblea Xeral Ordinária celebrada o 16/02/02, comunicanse os requerimentos necesários para a ceremonia de recollida de medallas.

 

Desportistas e Adestradores para recoller as medallas:

 

  1. Recollerase a medalla en chándal ou en dóbok.  Os adestradores poden facelo en chándal.
  2. En caso de non vestir adecuadamente recollerá a medalla un compañeiro, ou se lle entregará ao delegado do club ó finalizar o acto.

 

A Coruña,24 de xaneiro de 2023.

 

O SECRETÁRIO XERAL

 

IMPORTANTE – RESUME NORMATIVA:

 

REGULAMENTO

CAMPEONATO GALEGO PROMESAS

 

O contexto actual non é o mesmo que fai anos, xa que se realizan un gran número de torneos de combate en Galicia, coñecidos por RG, o que falicita a rodaxe de deportistas durante todo o ano.

Debido a evolución do Taekwondo nos últimos tempos, principalmente do Taekwondo Galego, é preciso facer un regulamento que defenda principalmente @s deportistas de nivel mais baixo na modalidade de combate, sexa cal sexa o motivo deste nivel (adestran pouco, levan pouco tempo adestrando, nunca competiron…).

 

Por iso, este regulamento contempla a categoría A e a categoría B, para dar cabida a moita xente e ó mesmo tempo, protexer dalgunha maneira, a deportistas que o necesitan, e que tamén precisan un espacio para practicar a sua disciplina dunha forma mais amateur.

 

No caso de que se inscriban pouc@s deportistas en algunha categoría, poderánse unificar os pesos por proximidade (pesos olímpicos). Incluso en senior, si fose preciso por falta de inscritos, farase unha soa categoría.

 

Segundo o acordado por na Asamblea Xeral Ordinaria celebrada o 23/04/21 o uso de pantalla  facial será obrigatorio no Campionato PROMESAS de combate na Categoría Junior A e B.

 

 

 

CATEGORÍA PROMESAS A

 

  • Idades regulamentarias (cadete, xúnior e senior) e pesos oficiais. Ademáis incluir as categorías alevín e infantil cos seus pesos correspondentes.
  • Grao mínimo, cinturón amarelo.
  • Excluir para sempre a tod@s @s medallistas nacionais ou internacionais (Openes internacionais tipo President´s cup, Open de España ou similares, Campionatos de España, sexan de seleccións ou de clubes en calqueira categoría, incluida a infantil).
  • Excluir para sempre a tod@s @s membros das distintas seleccións galegas en campionatos oficiais (Openes internacionais fora das nosas fronteiras ou Open de España, e Campionato de España).
  • Excluir a tod@s @s membros das distintas seleccións galegas en Openes non oficiais (tipo Zamora, Arrigorriaga, Basauri, L´Alcora, etc.), exclusivamente na categoría na que foran convocad@s no seu momento. Pero pederán participar en promesas A cando cambien de categoría por idade.
  • Excluir a tod@s @s deportistas que ocupen as duas primeiras posicións do ranking, en calqueira categoría, na data do peche da inscripción para o campionato promesas.
  • Excluir a tod@s aqueles deportistas que xa gañaran dous anos consecutivos na mesma categoría, podendo volver a participar no momento que, por idade, cambien de dita categoría.

 

 

CATEGORÍA PROMESAS B

 

  • Idades regulamentarias (cadete, xúnior e senior) e pesos oficiais. Non hai categoría infantil.
  • Grao mínimo, cinturón laranxa.
  • Excluir para sempre a tod@s @s medallistas nacionais ou internacionais (Openes internacionais tipo Open de España ou similares, Campionatos de España, sexan de seleccións ou de clubes en calqueira categoría).
  • Excluir para sempre a tod@s @s membros das distintas seleccións galegas en campionatos oficiais excepto Open de España (Openes internacionais fora das nosas fronteiras ou Campionato de España).
  • Excluir a tod@s @s membros das distintas seleccións galegas en Openes de España oficiais, exclusivamente na categoría na que foran convocad@s no seu momento. Pero pederán participar en promesas B cando cambien de categoría por idade.
  • Admitir, e polo tanto permitir a participación de medallistas nacionais ou internacionais en categorías infantil ou alevín, cando por idade sexan cadetes ou de categoría superior.

 

 

Aclarar que teñen consideración de membros da selección Galega tod@s @s deportistas que fosen convocad@s en algunha ocasión. Non terán tal consideración quenes solicitasen beca para asistir a algún evento, ainda que formasen parte do grupo da selección Galega.

 

 

Teranse en conta, por parte da dirección deportiva, a posibilidade de inclusión de deportistas que non cumplan as condicións, previa solicitude dos seus clubes, debidamente argumentada, en supostos tales como:

Ser medallistas sen haber gañado ningún combate

Ser medallista ou membro da selección galega, pero levar apartado do Taekwondo, e sen licencia federativa, un mínimo de cinco anos.

 

 

Que os clubes que non cumpran o regulamento sexan sancionados con unha sanción económica por cada deportista que non cumpra os requisitos do regulamento. (Esta sanción será de 10 € por cada deportista). No caso de clubes reincidentes a sanción doblarase a 20 € por deportista.

Deste xeito tratase de evitar que aparezcan inscrit@s e poidan colarse nas posteriores revisións.

 

 

                Espérase unha boa vontade dos adestradores á hora de facer as inscricións. Calquera competidor que non cumpra estas normas será eliminado automaticamente do campionato.
Se algún club ten competidores que poidan crear dúbidas nas inscricións, este deberá comunicalo ó director deportivo – direcciondeportiva@taekwondogalego.gal  quen valorará a participación de dito competidor/a.

 

 

VER ENLACE DE PESOS POR CATEGORÍAS:

https://mega.nz/file/AcQiUBhL#75NSYkDpLKv-_Vw1cqjJyoz8717kLu3VRkZ0sKVVac4

Print Friendly, PDF & Email