Circular 06/2019

 

DEPORTE ESCOLAR  – FASE PROVINCIAL E AUTONÓMICAS.

FASE PROVINCIAL – CAMPIONATO ESCOLAR DE TÉCNICA E FREESTYLE

HORARIO: COMEZO DA COMPETICIÓN ÁS 10.00 HORAS (MODIFICABLE EN FUNCIÓN DAS NECESIDADES DE ORGANIZACIÓN).

LUGAR: Organizan os servicios provinciais da SXpD en colaboración cos seguintes clubes:

A Coruña: SÁBADO 16/03/19. CLUBE TK DENODO – Pavillón de Milladoiro. Trav. do Porto, s/n. Milladoiro-Ames.

Ourense: SÁBADO 23/03/19. CLUBE COUTO – PAVILLÓN MUNICIPAL DOS REMEDIOS. OURENSE.

Lugo: SÁBADO 16/03/19. CLUBE NEKA – Pavillón Municipal de Taboada. C/ GENERAL MUINELO S/N.

Pontevedra: DOMINGO 17/03/19 – Pavillón Municipal de Cambados. O Pombal. Cambados.

COMUNICARANSE PAVILLONS NOS CASOS NOS QUE NON FIGURAN.

Para máis información sobre pavillóns de celebración e horarios, contactar cos clubes organizadores (Tlfs. de contacto, enderezo e emails na web www.taekwondogalego.com ).

 

CATEGORÍAS E IDADES DE PARTICIPACIÓN:   Modalidade de TÉCNICA:

 

BENXAMÍN: 2011-2012 – GRAO MÍNIMO – AMARELO.

ALEVÍN: 2009 – 2010 – GRAO MÍNIMO – LARANXA.

INFANTIL: 2007-2008 – GRAO MÍNIMO – VERDE.

CADETE: 2005-2006 – GRAO MÍNIMO – AZUL.

XUVENIL: 2003-2004- GRAO MINIMO – AZUL/MARRON. Pumse 1ª ronda: 6º ou 7º a elixir Esta categoría non opta ao nacional, xa que a RFET non a contempla.

Os clubs poderán inscribir 3 competidores por categoría e sexo. Só se permite a participación en representación de clubs afiliados á FGT (club principal e asociados, non ESCOLAS EXTERNAS).

 

A competición réxese polo regulamento oficial.-  

CLASIFICACIÓN.- O sistema de clasificación será N/2 no caso de que o número de participantes sexa par e (N/2) + 1 no caso de que nas fases provinciais os equipos participantes foran impares.

EN TODO CASO, COMO MÍNIMO, SEMPRE CLASIFICARÁN OS CATRO PRIMEIROS (OURO, PRATA E DOUS BRONCES).

 

As inscricións deberán facerse a través da aplicación web da FGT que permanecerá aberta ATA AS 13.00 HORAS DO 05/03/2019. Nesa data a inscrición pecharase e será definitiva sen posibilidade de cambios.

 

Os competidores deberán estar mutualizados pola Secretaría Xeral para o Deporte, para o que tiveron que ser FEDERADOS en tempo e forma na FGT, nos prazos indicados.

 

O CLUBE CERTIFICARÁ A TRAVÉS DA APLICACIÓN WEB QUE TEN AS AUTORIZACIÓNS PATERNAS NO SEU PODER, E DEBERÁ POÑELAS A DISPOSICIÓN DESTA FGT DE XEITO INMEDIATO SE LLE FOSEN REQUERIDAS.

 

OS DEPORTISTAS DEBERAN ACREDITAR A SUA IDENTIDADE NO MOMENTO DA COMPETICIÓN SOLO NO AUTONOMICO CON DNI OU PASAPORTE ORIXINAL. No caso de non presentalo, deixarase participar ao competidor, pero  quedará descalificado.

  

FREESTYLE INFANTIL: Poderán participar en técnica un máximo de DOUS deportistas federados por clube (outros dous se se ten clube asociado) sen gradación mínima e DENTRO DA IDADE ESCOLAR (2003 – 2010)

 

Categorías:

INDIVIDUAL INFANTIL: (2007 – 2010)

  1. Masculino
  2. Feminino

 

INDIVIDUAL CADETE: (2003 – 2010)

  1. Masculino
  2. Feminino

 

Aplicarase o regulamento vixente da Federación Española de Taekwondo para esta especialidade coas implantacións aprobadas pola territorial galega publicadas na páxina web da nosa Federación para este ano 2019.

De acordo co regulamento de 2018 de Federación Española lembramos que as fases eliminatorias faranse a partir de 20 competidores na categoría.

 

SORTEO: Farase por este orde: o último en ser apuntado será o primeiro en saír. Os clubs con asociados, tomaranse os tres primeiros competidores para  o club principal, os tres seguintes para o asociado, os tres seguintes para o segundo asociado, seguindo a mesma orde que poñemos aquí, é dicir, o último anotado será o primeiro en saír do club asociado e o primeiro anotado será o último en saír polo club principal. Calquera dúbida, poñédevos en contacto con Esperanza Meilán en lualpanto@gmail.com

Lembrade que se sortearán primeiro os deportistas dos clubs asociados aínda que as súas medallas sumarán conxuntamente coas do club principal.

 

FASE AUTONÓMICA – CAMPIONATO ESCOLAR DE TÉCNICA

 

DATA: SÁBADO. 30/03/2019.

LUGAR: 

 

PORTO DO SON, PAVILLON DE SANTA IRENE. ORGANIZA CLUBE NATURAL SPORT – VER CLASIFICADOS.

https://www.dropbox.com/sh/vqrhxop3gez8vgq/AADhgdzHYEk9i5DS3iRGJtIta?dl=0

 

Participan os deportistas clasificados nas fases provinciais. PREGAMOS ÓS ORGANIZADORES DOS DISTINTOS PROVINCIAIS NOS REMITAN OS CLASIFICADOS ANTES DO MÉRCORES SEGUINTE Á COMPETICIÓN, no arquivo electrónico que remitiremos dende a FGT.

 

OS DEPORTISTAS DEBERAN ACREDITAR A SUA IDENTIDADE NO MOMENTO DA COMPETICIÓN SOLO NO AUTONOMICO CON DNI OU PASAPORTE ORIXINAL. No caso de non presentalo, deixarase participar ao competidor, pero  quedará descalificado

 

FACILITARASE INFORMACIÓN SOBRE O CPTO. DE ESPAÑA QUE PODRÍA SER POR CLUBES.

Máis información en: http://www.deporteescolargalego.com/

 

 

LEMBRAMOS A OBRIGA DE TER ÓS NENOS MUTUALIZADOS EN XOGADE.

Os adestradores deberán acudir con partes de accidente.

 

A Coruña, 31/01/2019.

 

O SECRETARIO XERAL

 

 

Print Friendly, PDF & Email