O sábado 4 de maio celebrouse o Open de Madrid Máster coa participación da selección galega da categoría, que acadou un total de sete medallas (un ouro, dúas pratas e tres bronces en combate e un ouro en técnica).

 

Ronald Pineda (-68 quilogramos, JFR) logrou o ouro na categoría máster A (35-39 anos), tras vencer na final a Juan Antonio Téllez, do Alcalá Arena.

 

En 45-49 anos, Jorge Simil (-68 quilogramos, Natural) alcanzou a segunda posición no podio, despois de  superar na semifinal a Marcos Meijueiro (Alma Madrid) e caer derrotado ante  Michel Dona (Taekwondo Club Papendrecht).

 

Tamén conseguiu unha medalla de prata Cristóbal Boudjenane (-68, BoudSport) en máster D (+50). Cristóbal eliminou a Pablo Casares (Talma Madrid) na semifinal e logrou así a clasificación para a final, onde esperaba  Rehman Moghal (Grorud TKD), pero non puido superar a este rival,  e ocupou a segunda posición.

 

E non podemos esquecer os tres bronces galegos. En Master B (40-44) Iván Figueroa (-68, Natural) perdeu na semifinal ante Eduardo Lozano (Sport Kyoto), mentres que Álvaro Viqueira (-80, BoudSport) en Máster D quedou eliminado na semifinal ante Nuno Antunes (Dragaos do Norte).

 

Ileana Rodríguez (Seung Sport) participou tanto en combate como en técnica, e con dobre botín. En Máster 1 de técnica logrou a medalla de ouro, mentres que en combate (máster A, -68) foi bronce, ao perder na semifinal contra Miranda Corwin (USA Master Team). A selección galega máster viaxou a Madrid acompañada polo técnico José Antonio Ríos (Taekanart), xa que o seleccionador Jacobo Ríos, non puido desprazarse ao celebrarse á vez o Campionato de España de Técnica e Freestyle en Monforte e formar parte do equipo técnico da FGT.

Print Friendly, PDF & Email