Dous ouros para Alex Fernández (Escola Lucense) no Open de Lille de técnica! Non poden ser mellores as noticias que nos chegan de Lille, onde hoxe tiña que competir o noso cadete Alex Fernández, que ía convocado pola Real Federación Española de Taekwondo.

E o galego respondeu ao grande. Acadou o ouro na categoría cadete individual masculina e tamén subiu ao máis alto do podio en parellas cadete, onde competía xunto a Carolina Escolar de Madrid.

Espectacular Alex!!!!

Print Friendly, PDF & Email