Un total de 128 árbitros/as participaron esta fin de semana en Pontevedra nun curso de arbitraxe de combate para todos os grupos de titulación e reciclaxe de todas as categorías. Foi un dos cursos con maior participación, polo que esta resposta foi unha gran satisfacción para o departamento de arbitraxe da Federación Galega de Taekwondo.

 

Para a celebración deste seminario contamos coa colaboración de deportistas e técnicos/as da selección cadete, xa que é fundamental contar con todos os que formamos o taekwondo galego para contribuir ao crecemento do mesmo, ademais de que tamén é unha ferramenta moi  útil na formación das e dos competidores.

 

Print Friendly, PDF & Email