CIRCULAR Nº 14/2023

 

DESTINATARIO: TODO-LOS CLUBES E XIMNÁSIOS FEDERADOS

ASUNTO: CAMPIONATO GALEGO SUB 21 MASCULINO E FEMININO

“XUNTA DE GALICIA” – ANO 2023

 

AVISOS IMPORTANTES NESTE ESPACIO:

VER INSCRICION, CABEZAS DE SERIE E PESAXES

VER SORTEOS

VER RESTAURACION – COMIDAS

 

  1. A COMPETICIÓN

 

  • LUGAR: Pavillón Municipal de Mondariz. Rúa Ramón y Cajal 2. Mondariz – UBICACION https://www.google.com/maps/place/Pavill%C3%B3n+de+Mondariz/@42.2318928,-8.4554374,17z/data=!3m1!4b1!4m6!3m5!1s0xd257fdb9e091c67:0xfa9bf534085a0411!8m2!3d42.2318928!4d-8.4554374!16s%2Fg%2F11ck2nr5s_
  1. DATA: Sábado, 22/04/2023.
  2. HORÁRIO: A partires das 16:00 hr. (o horario podería modificarse en función do número de inscritos).

 

  1. NORMAS TÉCNICAS

 

  1. INSCRICIÓNS: Todo-los clubes dados de ALTA na tempada 2023, poderán presentar un equipo masculino e un feminino con un máximo de dous competidores/as por peso.

As inscricións faranse exclusivamente a través da aplicación web, antes das 13.00 horas do venres 14/04/2023. Unha vez pechada, publicarase o listado provisional de inscritos.

Logo de 3 días naturais publicarase o listado definitivo de inscritos.

Para realizar cambios de peso tras a publicación do listado definitivo abonarase unha cuota de dez euros (10€).

 

Será obrigatorio indicar a sede de pesaxe correspondente a cada deportista no momento de realizar a inscrición.

 

  • Os clubes faranse cargo das autorizacións paternas orixinais e das declaración responsables, poñéndoas a disposición da FGT se fosen requeridas.

Todos os deportistas deberán acudir con acreditación dispoñible, unha vez feito o test de antíxenos, na aplicación web.

  • GRAO MÍNIMO:

Masculino: Cinto Azul.

Feminino: Cinto Azul.

  • DOCUMENTACIÓN :
    • Inscrición na aplicación web e autorización paterna para os menores de 18 anos, que será custodiada polo clube en orixinal.
    • Todo-los desportistas deberán estar en posesión da licenza federativa e grao do presente ano 2023, obtidos coa suficiente antelación para que suministre efectos o seguro de accidentes o día do campionato, e os graos poidan estar actualizados na aplicación.

 

  • IDADES: Poderán participar os desportistas nados nos anos 2003, 2004, 2005, 2006 e 2007.
  • PROTECCIÓNS: Son obrigatorias toda-las proteccións reglamentarias. Cada desportista deberá te-las súas, excepto o peto.
  • OS COMBATES: Rexerase polos tempos marcados polo Regulamento de Arbitraxe da WTF, podendo ser modificados pola organización segundo as necesidades da competición.
  • ARBITRAXE: Rexerá-se polo Regulamento actualmente en vigor, da WTF.
  • UNIFORMIDADE OBLIGATORIA DOS ÁRBITROS: Pantalón gris (non vaqueiro), camisa branca, gravata azul, zapatillas brancas e chaqueta azul mariño.

 

 

 

 

  • PESOS:

MASCULINO : -54,-58,-63,-68,-74,-80,-87,+87

FEMENINO: -46, -49,-53,-57,-62,-67,-73,+73

 

 

  • TROFEOS:

Individuais: Medallas para os tres primeiros clasificados.

Equipos: Trofeo aos tres primeiros clasificados, segundo o seguinte baremo:

Oro: 7 puntos

Prata: 3 puntos

Bronce: 1 punto.

Nota: as medallas que se obteñan sen facer combate sí computarán para a clasificazón. (Acordo da Asamblea Xeral do 03/03/01).

 

  1. ORGANIZACIÓN

 

  1. ORGANIZA o Clube LEAM por delegación da Federación Galega de Taekwondo.
  2. PESAXE: Dous días antes da competición, venres 21:

 

Ribeira: Clube Natural Sport. De 17:00 a 19:00 horas.
A Coruña: Clube Garrapucho. De 16:00 a 18:00 horas.
Marín: Clube Mat’s. De 15:30 a 17:30 horas.
Vigo: Clube Seungsport. De 16:00 a 18:00 horas.
Lugo: Clube Valerics. De 16:00 a 18:00 horas.
Ourense: Clube Couto. De 13:00 a 15:00 horas.
CGTD. De 11:00 a 13:00 horas. Exclusivamente
para deportistas autorizados do centro.

 

Rexerá-se polo: REGULAMENTO FGT DE PESAXE E SORTEO DE CATEGORÍAS

 

 

  • SORTEO: Realizarao o Director de Arbitraxe o día anterior á competición. Aqueles delegados que queiran estar presentes deberán comunicarllo a arbitraxe@taekwondogalego.com
  • XUNTANZA DE DELEGADOS: Celebrarase media hora antes do inicio da competición no pavillón.
  • COMEZO DA COMPETICIÓN: ÁS 16.00 HORAS.

 

  1. CONDICIÓNS ECONÓMICAS

 

  1. PERTENZA A CLUB FEDERADO: os desportistas, técnicos e árbitros deberán pertencer a un club afiliado á FGT na temporada 2023, e ter a licenza federativa actual.
  2. ÁRBITROS: Os clubes participantes PODERÁN PROPOÑER un árbitro colexiado xunto coa inscrición e comunicalo vía mail a arbitraxe@taekwondogalego.com . NO É OBRIGATORIA A PROPOSTA DE ÁRBITROS PERO SÍ É DE OBRIGADA ASISTENCIA SE A DIRECIÓN DE ARBITRAXE O CONVOCA.
  3. TÉCNICOS: Os que actúen como coach deberán estar inscritos no impreso oficial e colexiados.

 

 

  1. RECLAMACIÓNS :

 

  1. COMISIÓN DE CAMPIONATO: Rexerá-se polo REGULAMENTO FGT COMISIÓN DE CAMPIONATO

 

  • RECLAMACIÓNS: Poderán ser polas causas reflectidas no Regulamento FGT Comisión de Campionato. Deberán facer-se sempre por escrito, no impreso correspondente e asinadas polo delegado oficial do club.
  • Ó entregar a reclamación, abonarase unha cuota de trinta euros (30 €), da que se entregará o correspondiente recibo. En caso de que a reclamación sexa aceptada, devolverase o seu importe.

 

  • Os delegados oficiais, que figurarán no impreso de inscrición, serán os únicos que poderán representar ao club en todos os actos do campionato. Os adestradores, co fin de dar unha boa imaxe do noso desporte, deberán vestir correctamente, con chándal ou dobok, e, en todo caso, con calzado desportivo, para evitar problemas co servizo de mantemento dos pavillóns.

A FGT non se fai responsable dos problemas orixinados polo incumprimento das normas que figuran nesta circular ou da legalidade vixente.

 

NOTAS MOI IMPORTANTES:

 

Segundo o acordado por unanimidade na Asamblea Xeral Ordinária celebrada o 16/02/02, comunícanse os requerimentos necesarios para a ceremonia de recollida de medallas.

 

Desportistas e adestradores para recoller as medallas:

 

  1. Recollerá-se a medalla en chándal ou en dóbok. Os adestradores poden facelo en chándal.
  1. En caso de non vestir adecuadamente, recollerá a medalla un compañeiro, ou se lle entregará ao delegado do club ao finalizar o acto.

 

ACORDO DA ASAMBLEA DE 16/02/2012.- OS COMPETIDORES NON PODERÁN PARTICIPAR NOS CPTOS. GALEGOS OFICIAIS CO EQUIPAMENTO DA SELECCIÓN GALEGA.

          

AVISO IMPORTANTE: INFÓRMASE ÓS CLUBES QUE DEBERÁN ACUDIR Á COMPETICIÓN CON PARTES DE ACCIDENTE, PROTOCOLO E CADRO MÉDICO PARA OS SEUS COMPETIDORES.

 

NOS SE ADMITIRÁN RECLAMACIÓNS DE NINGÚN TIPO O DÍA DA COMPETICIÓN SE NON SE REALIZAN SEGUNDO O PROTOCOLO ENRIBA ESTABLECIDO.

 

A Coruña, 20/03/2023

O SECRETÁRIO XERAL

Print Friendly, PDF & Email