Enorme Noa! Noa Romero (-44, Natural Sport) acadou a medalla de ouro os Multi European Games de Sofía (Bulgaria) tras facer unha competición impecable e logrou así a clasificación para o Campionato de Europa Cadete.

 

E non foi unha competición sinxela para a nosa deportista, que se enfrontou a catro grandes taekwondistas. En primeira rolda enfrontouse á turca Sila Irmak Uzuncavdar e a deportista do Natural venceu por 10-5. E este foi o combate máis axustado de todos. Nos cuartos superou con moita facilidade á serbia Irina Gavrilović (31-11) e garantiu así a medalla de bronce.

 

Pero Noa quería o premio gordo e foi a por el. Na semifinal atopouse con outra turca, Serya Naz Ozdemir e novamente, a nosa taekwondista non deu a máis mínima opción e logrou o pase á final (7-27). E xa na final, loitou contra de Melisa Eravcı (Turquía) cun marcador un pouquiño máis igualado, aínda que a galega controlou sempre o combate (14-20).

 

Desta forma tan fantástica péchase a competición cadete nos Multi European Games e mañá comezará a júnior, onde a Federación Galega tamén contará cunha nutrida participación.

 

 

Print Friendly, PDF & Email