Seung Han Shin (Han´s Horang I) proclamouse hoxe en Hong Kong campión do mundo en trío -60, xunto ao catalán Antonio Moreno e o valenciano Bernardo Hernando!

 

A actuación deste equipo foi maxistral e amosaron unha grande superioridade sobre os seus rivais, ao gañar os seis poomsaes realizados. Eliminaron a México, Hong Kong e Estados Unidos para lograr o título mundial dunha forma impecable.

 

E tamén hay que destacar a enorme competición en Master 3 de Óscar Rey (Kiap), que superou dous cruces antes Portugal e Gran Bretaña. Nos cuartos de final enfrontouse con Irán, e volveu brillar, pero enfronte estaba o campión do mundo, e non puido con el, pero fixo un torneo para enmarcar. Finalmente, quinto do mundo.

 

Ademais, en trío -60, Espe Fernández (Couto) quedou tamén eliminada nos cuartos ante Estados Unidos, equipo que se proclamou campión do mundo. Quinta posición para Espe.

 

E sobre o resto da delegación galega presente hoxe no Mundial, hai que sinalar que o trío cadete, con Hugo Arnoso, Adri Vidal e Miguel Antón Rosende, perdeu ante China Taipei;  a parella júnior (Lucía Roca e Aitor Teijeiro) foi eliminada polos representantes de Vietnam ; o trío1 de Alex Camba, Carlos Rey e Marco García perdeu ante Malasia, que foi bronce; e a parella de freestyle -17 formada por Yaiza Velo e Pepe Soto quedou na sexta posición do seu grupo.

 

E mañá remata o Mundial con dúas actuacións galegas. Participarán en freestyle o quinteto – 17, formado por Valeria Videira, Ada Hermelo, Lucas Yelo, Nuria Rodríguez (Hebe) e Hugo Arnoso (Taekwondo Sada) e a parella de + 18, con Tomás Fernández Herrerín e Celia García (Tao).

 

Non podemos estar máis orgullos@s de todos e todas!!!!

 

EQUIPAZO!

 

 

 

 

Print Friendly, PDF & Email