Rematou o Mundial de Técnica e Freestyle 2024, que se celebrou estes días en Hong Kong, con dúas medallas galegas (un ouro e un bronce). Na xornada de hoxe, participaron en en freestyle o quinteto – 17, formado por Valeria Videira, Ada Hermelo, Lucas Yelo, Nuria Rodríguez (Hebe) e Hugo Arnoso (Taekwondo Sada) e a parella de + 18, con Tomás Fernández Herrerín e Celia García (Tao). Ambos equipos fixeron unha gran actuación e quedaron as beiras de entrar na final.
Tomás Fernández Herrerín e Celia García (Tao) foron quintos do seu grupo e quedaron na novena posición do Mundial (non entraron na final por só un posto). Gran traballo dos galegos que foron o segundo equipo europeo, por detrás de Italia.
No caso do quinteto -17 foron sextos do seu grupo e quedaron tamén moi preto da clasificación para a final, ao rematar na sexta posición do seu grupo (décimos clasificados en el Mundial).
Hai que recordar que Seung Han Shin (Han´s Horang I) proclamouse campión do mundo en trío -60, mentres que Beatriz Queiro (Omnihum) acadou o bronce xunto ao catalán José Manuel Marín en parella + de 60 anos.