Confirmado pola Universidad de Murcia de que no vindeiro Campionato de España Universitario de Taekwondo do 16 de maio haberá as modalidades de Poomsae individual masculino e feminino, comunícase aos/ás taekwondistas pertencentes á Universidade de Vigo a inscribirse no aplicativo Campus Activo da Universidade de Vigo para valorar as súas solicitudes en base ao seu currículum deportivo. Non se levarán a cabo para esta modalidade probas de selección.
Toda a información en https://campusactivo.uvigo.gal/campusactivo/publica/actividad/ampliar.xhtml?idobjsel=2031
1.    Nivel deportivo mínimo esixido para a competición:
–          Campionato de España Universitario:
o   Cumprir ao menos unha das seguintes condicións:
  Participar no Campionato Galego absoluto e acadar un posto entre os tres primeiros nalgunha das súas dúas últimas edicións (prazo contado a partir do último día de pre-inscrición no aplicativo campus activo).
  Participar no Campionato de España absoluto e acadar un posto entre os dezaseis primeiros nalgunha das súas dúas últimas edicións (prazo contado a partir do último día de pre-inscrición no aplicativo activo).
  Ser medallista na última edición dos CEU.
o   Se a persoa aspirante non tivese participado nalgún dos campionatos mencionados, o asesor técnico podería ter en conta os seus resultados en campionatos nacionais e internacionais acadados nas dúas últimas tempadas e a súa traxectoria deportiva xeral.
2.- O equipo representativo da Universidade de Vigo estará integrado, na modalidade de Combate, por un alumno e unha alumna por cada un dos pesos que inclúa o programa de competición. Cando o deportista seleccionado fose o medallista de ouro do CEU da edición anterior, excepcionalmente poderá engadirse nesa categoría e peso un segundo deportista, sempre que cumpra os requisitos do punto 1 e que o permita o regulamento técnico da competición. Na modalidade de Poomsaes o equipo representativo estará integrado por un home e unha muller, esta cifra poderá ser incrementada baixo criterio técnico se o regulamento técnico da competición o permitira.
3.- Para facer a selección valoraranse, por esta orde, os seguintes aspectos:
o   Resultados obtidos  no Campionato Galego Universitario e/ou nas probas de selección, no caso de que se convoquen.
o   Resultados obtidos en competicións oficiais ao longo da tempada en curso.

o   Valoración do responsable técnico.

Print Friendly, PDF & Email