E seguimos emocionados e emocionadas coas noticias que nos chegan dende Innsbruck (Austria), onde se está a celebrar o Campionato de Europa de Técnica e Freestyle! Hoxe tivemos dos ouros, dúas pratas e un bronce, nunha xornada case perfecta.

 

Técnica

O primeiro ouro foi para o trío 1 de técnica, que logrou proclamarse campión de Europa! O equipo formado por Carlos Rey, Alejandro Losada Rodríguez e Dani Areán (Neka) ocupou a primeira posición con moita diferenza sobre o resto. No ano 2021, o trío formado por Carlos, Alex e Álvaro Portela lograra proclamarse campión de Europa e agora revalidou o título, coa incorporación de Dani Areán en substitución de Álvaro.

 

Ademais en técnica, hai que destacar as dúas pratas de Laura Álvarez e Marco García nas probas individuais júnior feminina e masculina, respectivamente. En ambos casos, os nosos deportistas foron de menos a máis (Laura logrou o pase para a final na sétima posición e tivo que realizar unha gran remontada) para rematar como subcampións de Europa.

 

Ademais, en Freestyle tamén houbo moito que celebrar. O primeiro foi ese ouro de Manu Paz (Hebe) en individual +18 anos, despois de facer un traballo espectacular e sobrepoñerse a saír nunha complicada situación. Pero cun fantástico exercicio logrou proclamarse campión de Europa por primeira vez. Por último, sinalar que a parella de freestyle -17 anos formada por Ángela Paz e Iago Gil (Hebe) logrou a medalla de bronce.

Print Friendly, PDF & Email