Esta semana celebrarase en Antalya (Turquía) o Campionato de Europa de Técnica e Freestyle, no que contaremos coa participación de 33 deportistas galegos e dous técnicos (Jacobo Ríos e Samuel Meilán). Ademais, o sábado disputarase o Europeo Praia.
 
A selección española, cunha destacadísima representación galega, viaxou onte en dirección a Turquía e xa se atopa aí disposta a competir. Neste torneo hai máis de 600 taekwondistas inscritos.
 
Mañá competirán Raquel Guillén e Alejandro Losada Rodríguez en sénior 1 individual; Sonia Pérez en máster 1 e o trío júnior formado por Manu Paz, Álvaro Portela e Gabriele Santomé, así coma as parellas cadete cos galegos Dani Areán e Laura Álvarez e a parella formada por Alex Fernández xunto con Carolina Escolar, unha participante madrileña. Ademais, en freestyle individual + de 18 anos participarán Samuel Alves, Ángel López, Eirim Vaamonde e Celia García; mentres que en parella freestyle -17, presentarán no tapiz o seu exercizo a parella formada por Manuel Paz e Bárbara Di Martino.
 
Moita sorte para tod@s!!! Forza rapaces!!!???
 
Print Friendly, PDF & Email