A galega Tania Castiñeira (Hebe) caeu hoxe nos cuartos de final de +67 quilogramos (categoría olímpica) dos Xogos do Mediterráneo de Orán (Arxelia) ante a croata Nika Petanjek. Foi un combate axustado no que a nosa deportista tivo opcións ata o final.
Precisamente Tania foi superada por esta mesma deportista hai pouco máis dun mes no Europeo sénior de Manchester, no que ambas tamén ofreceron un magnífico combate. Hoxe Tania comenzou mandando no marcador, pero a croata remontou e chegou por diante ao último asalto, no que a deportista do Hebe tivo un par de puños e unha acción arriba que non sumou por moi pouco.
Gran tempada da nosa taekwondista e agora chega o momento das vacacións!