Tres pratas (Pablo Patiño, Cloe Iglesias e María Ferreiro) e dous bronces (Desiree Rivadulla e Diana Siota) galegos no Open de Bélxica (G-2), que se celebrou esta fin de semana en Lommel (Bélxica).

Cloe Iglesias (-59, Patiño) segue dando alegrías. Hoxe logrou a medalla de prata, despois de superar catro roldas para meterse ha final contra a británica Chloe Roberts, onde perdeu. A súa competición en Bélxica comezou contra Ana Rita Santos (Portugal), ao que venceu por 18-1; despois eliminou a Maja Kapusta (Suecia) por 11-0, Ester Asensio (España) e na semifinal á Amy Mink (Holanda) por outro claro resultado (5-25).

 María Ferreiro (-44, Couto) tamén logrou a medalla de prata no Open de Bélxica. A galega gañou en cuartos de final a Inés Brikh (Francia) por 8-23, e despois nas semifinais eliminou a Ixone Fernández (España) por 8-10. Na final, caeu ante a británica Paynter.

 Pablo Patiño (-68, Patiño) logrou a medalla de prata, despois de ter que retirarse cando estaba disputando a final por problemas nun xeonllo. Nese intre, o combate estaba igualado (3-3). Antes o taekwondista galego vencera a Leon Lenart (Eslovenia) por 21-21; a Youssef Zamati (Francia) por 19-13 e ao belga Hanique por 18-20.

Ademais houbo dous bronces, para Diana Siota (-49, Couto) e Desiree Rivadulla (+68, Suh Sport). Diana Siota gañou a Olypia Lada (Australia) por 3-13 e a Andra Bokan (Serbia). Caeu na semifinal contra Sopan (Thailandia) nun axustado combate (6-8). A thailandesa logrou o ouro neste peso.

Pola súa banda, Desiree Rivadulla acadou o bronce tras vencer nos cuartos a Marcelina Marta Koszel (Polonia) por 6-9. Caeu na semifinai ante a representante de Polonia Haremza, que foi a campioa.

Ampliaremos información

Print Friendly, PDF & Email